TRIBUNA LIBRE

Contra a política caciquil e enchufista

Eladio Osorio Montenegro (*)

24.03.2013 | 11:05

O PSdeG de Ourense leva máis de dúas décadas denunciado a política caciquil e enchufista do PP e de Baltar, tanto na Deputación como noutros órganos nos que gobernan. Sempre foi, cos distintos portavoces que por esta institución pasaron, a punta de lanza na loita contra as relacións de compra-venda de favores que instauraron.

Estes feitos acontecen cando uns os fan e hai outros que miran cara outro lado. Foron moitas as veces que nos sentimos sos nesta loita, e que botamos en falta a implicación doutros axentes sociais da provincia ourensá, pero alá cada quen coa súa conciencia.

No ano 2010 demos un salto cualitativo: fartos de que as denuncias políticas non serviran para nada, acudimos á fiscalía para poñer no seu coñecemento todas as irregularidades en materia de contratación.

Porque, falemos con sinceridade, alguén cre é normal que a Deputación de Ourense dilapide ó redor do 50% do seu orzamento en persoal? Alguén cre que é normal que chegara a contar con máis de 1000 traballadores/as? Alguén cre que é normal que en vésperas electorais ou congresuais se realicen centos de contratos? Alguén cre que é normal que houbese máis de 300 persoas vinculadas con cargos electos traballando nesta institución? Alguén cre que o anormal nesta "casa" sexa non ter o carné do PP?

Todos estes feitos son os que leva denunciando o PSdeG e o que escribe estas liñas dende hai anos mentres outros calan e outorgan.

Curiosamente, cando os socialistas poñemos estes feitos en mans da Xustiza, o Partido Popular inicia unha cruzada contra os traballadores/as do Grupo Socialista, chegando incluso a despedirnos e véndose na obriga de readmitirnos a posteriori.

Os traballadores/as do grupo socialista XAMAIS pretendemos ser fixos nesta Deputación, contrariamente ás informacións que o PP está difundindo nos medios. Quere equipararnos coa súa famosa frase de "Todos somos iguais", pero equivócase. Nós só pretendemos manter as condicións laborais coas que iniciamos os contratos e que Baltar cambiou unilateralmente tratando de causar prexuízo ó Grupo Socialista e mermar os dereitos que legalmente adquirimos.

Seguiremos traballando ó servizo do grupo socialista mentres este o estime oportuno, pero non ata cando queiran os reis do caciquismo. As mafias sempre intentaron acalar, de moi diversos modos, a aqueles que eran críticos e contrarios a elas. Parece que o PP quere facer o mesmo con nós, pero podo asegurarlles que nunca o conseguiran.

Hai pouco denunciamos que todos os deputados do PP a excepción dun tiñan familiares ou afíns traballando na Deputación. A día de hoxe ninguén rebateu tal afirmación. Habería que preguntarse en que condicións entrou a exmuller de José Manuel Baltar, os fillos do portavoz do PP, o excuñado de Rosendo Fernández, e un longo etcétera.

Os socialistas fomos sempre o martelo pilón contra a política enchufista e caciquil de Baltar e do seu fillo. Este é o noso delito. Seguiremos denunciando, aínda que nos ameacen e intenten manipular a opinión pública. Unha cousa é segura: nós non somos coma eles, xamais seremos traballadores fixos da Deputación; porque somos socialistas, íntegros, e porque ademais nos daría noxo.

* Secretario de política municipal del PSdeG-PSOE en Ourense y asesor del grupo provincial socialista en la Diputación

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine