con lupa

Outro ano máis

MANUEL GARCÍA LÓPEZ

21.03.2013 | 07:37

Outro aniño máis rematou o Rali do Cocido para uns venerado e para outros moitos detestado e aborrecido. Persoalmente, faime gracia cando algún insensato di: "Que sorte tedes que vos pasa por aí o rali". Entón eu dígolle: "Todo para ti, se o queres, lévao". Moitos din que os recorridos sempre reportan beneficios, abofé que si pero foron tempos pasados cando os postos ambulantes, totalmente ilegais, cobraban 5 euros por bocadillo, 3 por unha cervexa e por un paquete de tabaco xa nin digamos. Ese negocio basado en sablazos aos aficionados, unido á crise orixinou un fenómeno entre o sendeirismo e o picnic. Ata aí todo ben, pero deste xeito onde queda o negocio? Pois, sinxelamente, redúcese a un aumento puntual nalgún bar.

Agora ben, é lexítimo que polo beneficio duns poucos os demais teñamos que sufrir toda unha serie de incomodidades e alteracións. Así dúas semanas antes do inicio da carreira xa podemos desfrutar das tramadas nocturnas, de día non se pode sair á carretera sobre todo se cadra en fin se semana, xa que serve de pista de adestramento. As consecuencias disto resultan variadas, dende a invasión do carril contrario e posterior colisión, saídas de vía, algún atropelo de vacas ou alcances por detrás. Mentres suceden estas tramadas ilegais, os membros da benemérita dedícanse a facer a vista gorda, por que, claro, o rali é un negocio, non se vaia este fastidiar por unha tontería de seguridade vial. Ben é certo que isto sucede cando combinamos a "nenos pijos de papá" que utilizan coches de aluguer para facer as tramadas, espíritu este que dista moito de ser o dos pilotos profesionais. Deste xeito e como non todos son iguais, a responsabilidade queda supeditada aos propios pilotos.

Das semanas previas pasamos ao gran día. O día D está caracterizado por unha incomunicación total, non se pode sair nin entrar, hai que estar quietiños e tirar con medio día de traballo. Por non falar de cando os tramos pasan por entre as casas, que de estar tan cerca poderíase sacar a man pola ventá e tocar os coches. Esta situación é obviada pola organización, que lle importa un comino a alteración que poidan sufrir os veciños, o caso é divertir á xente. Esa xente que nunha gran maioría vai ao rali para ver como se estartelan os coches e, no caso de que un volque, prodúcese un subidón que non vexas. Xente que vai ata as cellas de alcohol e doutras substancias volátiles. Xente que arrambla con todo, tiran balados, meten os coches nas fincas sen permiso, por non decir da cantidade de basura que queda nos sitios invadidos por esas ordas de seguidores fanáticos da velocidade. Mentras, se un paisaniño tira uns poucos escombros nunha finca da súa propiedade ou ten un coche abandoado, pode sufrir a ira do Seprona ou de Medio Ambiente. No caso do rali non pasa nada, ese día vólvese facer a vista gorda, sempre din que o van limpar, que van pagar os danos, pero a realidade é que cando pasa un ano e desbrozan as cunetas a merda do día D volve sair á luz: Botellas, bolsas, envoltorios varios ou fincas cheas de latas. Por non falar de cómo quedan as carreteras, que se os do rali as sufren e axudan a desfacer por unhas horas, os demais temos que sortear o mesmo bache día tras día, pero para iso non hai cartos nin responsabilidades. En fin, como dirían na Roma Comodiana, Panem et circenses.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

PEDRO DE SILVA

El dolor no nos debe hacer ingenuos

Quien suponga que las respuestas y reacciones ante los criminales...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Barcelona, ciudad abierta

Todo lo que la capital catalana tiene y debe conservar

 
 

EDUARDO JORDÁ

Lo que haremos las buenas personas

Comportamientos previsibles que siguen a todo golpe del terrorismo

 
 

CAMILO JOSÉ CELA CONDE

Libros sobrevalorados

Un escritor joven, muy prolífico en las redes sociales, ha sacado la lista de diez obras...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine