Hombría

Carmen Fouces*

03.03.2013 | 07:10

Hai moito que non sei de vós. Seguro que lembrades aqueles traballos colectivos que faciamos na clase. As polémicas que xurdían e a vehemencia ca que defendíades as vosas posicións. Era reconfortante ver como o debate seguía no recreo, esixíndome que deixara o meu café para vos atender, cousa a que me negaba en redondo.

Nestes días veume á cabeza todo isto, teño que recoñecer que con certa nostalxía e vouvos explicar por que. No último pleno do Concello ao que asistín, un concellerio, que representa a miles de votantes, demostrou canto traballo queda aínda por facer. Tamén debatíamos. A cuestión era se debíamos darlle as grazas a unha ministra (muller) por facer o seu traballo. Xa o tema en si tiña chicha. A cuestión é que un concelleiro (home) cal cabaleiro subido ao seu corcel, defende á "dama" reprochando a falta de hombría dos que non estaban dacordo cos agradecementos. Mirade que temazo para as nosas polémicas!!!

Primeira pregunta: se en vez de ministra (muller), fose ministro (home),tamén usaría a palabra hombría? Seguramente non, porque o seu subsconsciente xa lle indicaba que iso é de gais e que non se debe untilizar cando se fala de "hombre a hombre". A hombría é unha cualidade do home (macho) que se usa para sementar de testosterona as conversas onde as femias (ministras, neste caso) son as protagonistas.

Segunda pregunta: as mulleres que non estabamos de acordo ca súa proposta debemos sentirnos aludidos na nosa falta de hombría? Isto é para nota. Si pero non, como din os sabios do noso país. Realmente este concelleiro, que si vos atopades con él, chámase Jacobo Moreira, a pesar de ser un rapaz novo, considera que os debates de altura, os importantes, como os temas de ministras, deben ser entre homes, e as mulleres da Corporación facemos bonito e moderno no pleno. Que non se diga.

Por suposto, asiste as pancartas das reivindicacións das mulleres e é fácil imaxinar decindo cousas como que as mulleres son máis listas que os homes, que son capaces de facer varias cousas a un tempo ou que as mulleres da miña vida son o máis importante para mín. Sarta de parvadas que demostran a mala conciencia e como vos dixen antes, o inmenso traballo que aínda temos por diante.

Non quero facer contas e saber os miles de euros que nos costou a eduación deste señor, a cantidade de recursos públicos que levamos investido na súa formación para non ter pasado da lección un.

Por unha vez, cambian as tornas. Hoxe falo eu e vós escoitades. Tócavos sacar conclusións. Non baixedes a garda e, sobre todo, ide con coidado con aquelas xentes que o desculpan ou incluso o entenden. O señor Moreira soña con unha sociedade de princesas desvalidas, mulleres floreros e concelleiros con hombría. Temos que poñerllo difícil.

* Concelleira de Muller.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Consecuencias de la falta de aparcamiento

El concejal del PSOE de Cangas, Alfredo Iglesias, no llegó al minuto...

 
 

Alea jacta est, Roma!

YO ROMA, ROMA MÚSICA. Anoche estuve escuchando a la tuna en la Plaza Mayor de Salamanca, pero...

 
 

DANIEL CAPÓ

9 de agosto de 1942

Una regla universal nos dice que, casi en cualquier ámbito, las personas excepcionales son...

 
 

EUGENIO FUENTES

Tácticas nuevas para viejas redes

Los atentados por atropello o apuñalamiento no se inventaron en Niza...

 
 

J.M.EGUILETA*

As pontes sobre o río Miño

A historia dun territorio ten moito que ver coa das súas pontes. Iso lle contaba ao equipo da...

 
 

JOSÉ MARÍA PÉREZ ÁLVAREZ (CHESI)

Veranos

Para Luis Rebolledo El verano es un buen tiempo para recuperar la medida del mundo, salvo que...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine