A utopía do leite (I)

01.03.2013 | 07:41

Galicia é terra de vacas por excelencia, sen embargo, non é terra de gandeiros. A maioría dos gandeiros distan moito de ser uns profesionais responsables co medio e co entorno que os rodea. Moitos deles posúen unha mentalidade capitalista destrutiva que se constata nos sistemas de manexo e de produción que son inviables. Este feito, unido a unhas políticas agrarias nefastas, están levando ao sector á ruina.

Valla de exemplo o prezo do leite. Un gandeiro cobra de media uns 30 céntimos/litro, iso cunhas calidades óptimas, o cal representa un 80% das explotacións galegas. Ese leite recólleo a fábrica X e véndese no súper a 78-80 cent/litro. Iso supón unha marxe de 50 céntimos á que se teñen que aferrar a fábrica, o intermediario e o distribuidor. Todo este sistema de intermediarios e de vendedores é moi rendible. A fábrica emprega a unhas 100 persoas de xeito directo e igual a uns 50 transportistas de xeito indirecto, o intermediario (por definición persoa lista que non fai nada e gaña os cartos) e, por último, o súper (que nos dous sentidos da de comer a moita xente).

Se hai tanto negocio de por medio, canto vale o leite? Se a fábrica o pagara máis, é dicir, a 33 ou 34 cent/litro (o cal segue sendo unha mediocridade), que pasaría? O resultado é que o consumidor vai pagar máis. Despois din: "É que subiu o prezo da cesta da compra dos produtos básicos coma o leite". Non, se ao final a culpa aínda a vai ter o gandeiro, que vai quedar por malo. O que moita xente non sabe é a cara B do negocio do leite, en parte grazas aos seus derivados como o queixo, a manteiga, os iogures, a nata e outros moitos nos que se inclúa este produto. Un litro de leite puro da para facer 4 de leite desnatado e 2 de semi, por non falar de canto costa a manteiga ou a nata que, como todo o mundo sabe, faise de restos e despois véndena a prezo de ouro. Visto todo isto, o leite que compran a 30 céntimos pode rondar, segundo en que produto, un prezo final de 2,20 euros, o que deixa xa un marxe moi superior aos 50 céntimos iniciais. Este fundamento de libre mercado, onde o gandeiro traballa e non cobra o valor real do produto, únese a unha certa pasividade do goberno.

Por se fora pouco, isto vese agravado por unha crenza cega dos gandeiros no sistema intensivo que o propio mercado lles vendeu de tapadillo ignorando descaradamente dicirlles que con este método produtivo eles son as vítimas. A dependencia do intensivo reside en comprar e producir, un círculo vicioso do que é difícil saír. Se o recomendable é 1 hectárea por vaca, o 90% dos gandeiros veñen tendo, no mellor dos casos, 30 vacas por hectárea. Isto tradúcese nunha dependencia do mercado do cereal que está controlado por mans alleas a eles e que fixan o prezo á súa bóla. Mentras tanto Galicia estase convertendo nun país verde con aldeas abandonadas e monte. A ninguén se lle ocorre traballar o que temos, sempre sae máis barato traer de fóra.

Pero aínda existe algo peor e refírome á doce golosina das vacas: O PENSO. Si, escríboo en maiúsculas porque parece ser que o penso é igual que a gasolina para os coches, sen el as vacas non andan. Entón, vén o gandeiro e di: "É que o quilo de penso está polas nubes". Claro, e que sustentar unha explotación onde se merca todo e pagar o penso polo que non vale sae caro.

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine