Cando escribo estas letras estamos a piques de limiar as actividades de abril e maio argalladas con motivo do cincuenta aniversario da inauguración do santuario diocesano votivo. Esta semana terán lugar catro conferencias de egrexios coñecedores do santuario, da historia de O Couto e da devoción á Nosa Señora, así como a exposición fotográfica "50 e máis" sobre os acontecementos da historia deste bello templo, nestes 50 e máis anos dende o seu albor.

Teño nestes momentos ante min os cuadros que pintou Jesús Soria dos bispos Banco Nájera e Temiño Sáiz nos anos 46 e 65 respectivamente. Tamén o plano do primeiro proxecto do arquitecto Manuel Conde para a igrexa parroquial, así como unha imaxe da Nosa Sra de Fátima e unha fotografía do párroco Xosé Álvarez. E penso: ¡canta historia hai agochada ó carón destes persoaxes que me están ollando!, ¡quen os soubera escoitar!. Que certo é aquello de Francisco Bacón: "a historia fai ós homes sabios". E así cavilando, comenzo a recordar anacos da historia de este lugar señeiro, centro da freigresía de O Couto.

Qué lonxe queda o ano 1946 no que Blanco Nájera fundara a parroquia e encargaba o proxecto de un templo. En 1949 poríase ó frente da parroquia e das obras D. Xosé. Irían nacendo na capela do Santo Anxo as primeiras novenas solemnes e as priemeiras procesións de antorchas, mentres as paredes do novo templo comezaban a erguerse. Do 48 ó 50 a imaxe peregrinaba por tódolos pobos da diocese de Ourense. Xa na época de Ángel Temiño, o bispo que deixou ampliar a estructura do templo facéndoa máis grandiosa, en 1954, D. Xosé presidía a primeira misa no santuario; en 1956 tomaría posesión da parroquia; na semana santa de 1957 abriríase xa o templo ó culto festivo pois rematara a construcción no que a pedra se refire. Quedaba moito por facer, pero xa se dera un paso importante.

E chegou aquel maio de 1962 no que, coa presencia de bispos e persoaxes do mundo da igrexa e da cultura, inaugurábase o santuario. Presidía a celebración do día 13 o Cardenal de Santiago, Mons. Quiroga Palacios, ourensano de pro. Quedaban atrás moitos atrancos, o sacrificio e apoio inquebrantable de tantos, e 13 anos nos que D. Xosé ó frente dun grupo de colabores e de todo o pobo ourensán foi capaz de levar a bó porto o soño de que a Nosa Señora tivera no Couto unha casa, un fogar.

Milleiros de devotos poideron disfrutar naquela data das vidrieiras e dos relieves da bóveda diseñados polo debuxante e pintor Jesús Soria, dos mosaicos romanos policromados obra do catalán Padrós (autor do xigante mosaico da cúpula do Valle dos Caídos), das escultaras de pedra da Virxe de Fátima e dos Pastoriños do escultor ourensán Faílde, e sobre todo da xoia da corona, a imaxe garimosa da Virxe de Fátima do portugués Ferreira Thein. Pero non quero esquecerme de tantos outros artistas que souperon engrandecer o noso templo con maestría, dedicación e esmero, creando un edificio amplio, funcional, sobresaliente e prestixioso.

Milleiros de crentes seguimos disfrutando do legado dos nosos antepasados. Pero non esquezamos embargantes, que a grandeza de este templo non é a escultura de "A Piedade", nin o Cristo de Picón, nin o seu armonioso órgano de Amézua, nin o carillón das campás que tañen "O Trece de Maio", nin as vidrieiras realizadas por Mauméjean, nin o simbólico Viacrucis de Liste. A grandeza del está no que aquí os freigreses de o Couto ou todos os que por aquí pasamos, experimentamos nos distintos momentos da nosa vida, a fe que celebramos, o cariño que á Naiciña amosamos, a solidariedade que mostramos con aqueles que o pasan peor, a acollida que realizamos, os valores nos que educamos, o clima de familia e vecindade que vamos espallando polo barrio, os azos de renovación e de mellora que aquí vamos compartindo.

E ollando a foto de D. Xosé, o añorade abade de O Couto, véñenme ó maxín aquelas fermosas verbas pronunciadas na misa de homenaxe e despedida aquel 9 de decembro de 1990: "Por fin, o 13 de maio de 1962, a ilustre hóspede de fogar prestado, envolta en chorros de luz, tomaba posesión da cosa nova e entraba nela repartindo o trigo da súa omnipotencia suplicante, prodiga ó neno sorisos de nai; ó xoven ledicias de anxo; e ó ancián esperanzas de perdón. Cantaron os anxos e O Couto considerouse ennoblecido coa presencia da andariega Señora, á que mirou coma o que pasa fame, o pan… ¿Noraboa, Couto, porque xa tes templo parroquial e casa a Gran Señora!.

Sí, Couto, trás os 50 anos, ¡estás de noraboa!. Noraboa, Couto, porque tes o privilexio de que a Virxe de Fátima se fixera ourensana, irmá e amiga, nai e señora. Noraboa, Couto, porque tes a honra de un santuario erguido pedra co esforzo, o cariño, o amor e maila xenerosidade de todo o pobo ourensano. Noraboa, Couto, porque este templo é unha xoia artística, un santuario esplendoroso, a casa nai, o fogar onde temos cabida tódolos vecinos. Noraboa, Couto, porque aquí prendeu con forza a devoción fatimeña que nos deixou unha mensaxe de oración e conversión, de luz e de paz. Noraboa, Couto, porque nun curruncho do teu barrio, cada primavera, agroman retoños de renovación, de fe, de consolo e esperanza, no corazón de tantos fieis que acuden a venera-la Virxe Blanca durante a novena. Noraboa, Couto, porque aquí cada ano milleiros de nais de todo Ourense deixan as súas bágoas ós pés da Nai do Ceo que ela sabe transformar en pregarias de amor ó seu fillo Xesús visible nun manto de flores que perfuman as rúas da nosa cidade na noite das antorchas. Noraboa, Couto, porque aquí cada un dos teus veciños ten anacos da súa historia persoal: unha súplica, unha promesa, un "amén", un "sí, quero" o un "adeus irmán", impreso no seu álbum fotográfico familiar e estampado no fondo do corazón. Noraboa, Couto porque fai cincuenta anos a providencia trazou unha xanela grande no teu firmamento para que descobras o máis fondo de ti mesmo, o tesouro que gardas dentro, e o mundo que te rodea.

Noraboa, Couto por ter un abade bó, xeneroso, cercano, amigo de todos, que meteu no corazón de todos unha devoción fonda e enraizada á Virxe. Noraboa, Couto por ter na túa pequeña historia tantos sacerdotes, con tanto esforzo e dedicación que se fixeron presentes en momentos importantes das nosas vidas.

Noraboa, Couto, por tantas persoas coñecidas como Nicandro Pérez, Jesús Soria, Eduardo Pardo, con tantas horas dedicadas; tamén por outras anónimas que nos acolleron, nos educaron, nos levaron a Deus ou nos regalaron un soriso.

Sí, porque estas conmemoracións queren ser unha homenaxe a tódolos que colaboraron na construcción do templo, da parroquia ou da devoción fatimeña. Tamén a aqueles que "teñen unha pedra" no santuario, ou traballaron na súa construcción ou velaron polo seu decoro e esplendor. Ós sacerdotes que o rexiron, a tódolos axentes de pastoral e a toda veciñanza de O Couto.

Pero queren ser tamén un reto a seguir constuindo esta parroquia-santuario para que sexa cada día un pouco máis un lugar de encontro sereo co Señor, unha comunidade que comparte con ledicia e espíritu xoven a fe en Cristo Resucitado, un espacio onde se facilite a oración á Naiciña do Ceo e a nova evanxelización, un centro de acollida para todos, sobre todo para aqueles que están nunha situación de precariedade. Evanxelizar é mostrar o arte de vivir: vivir con calidade, con sentido, con valores e, porque non, con fe. E en todo isto podemos e temos que seguir traballando, arrimando o hombro, tódolos amigos de este santuario, colaborando con todos, sendo os crentes unha chispiña de luz e dando sabor ó noso entorno.

Certo, que cando miramos ó pasado, descobrimos con humildade, que se foi desenrolando a ombros de xigantes. D. Xosé foi un deles, arroupado por tantas e tantas persoas de corazón e vontade de xigante. Pero tamén se fai historia con pequenos e humildes retales que xunguidos a outros forman un manto inmenso cheo de colorido e beleza.

O Couto e mailo Santuario de Fátima son unha única realidade, un vencello de historias ó unísono e con mutuas interferencias, xa que o edificio creceu e deu vida ó barrio onde se asenta dende fai 50 anos. Conservémo-la memoria do que fomos, así non perderemos a nosa identidade, quen somos, e teremos máis claro onde queremos ir. Xa o decía o sabio Cicerón: "esquecer non podo o que tanto quero". E non me digades que á Virxe de Fátima e a súa casa aquí non se lles quere.

O dito, ¡noraboaa, Couto!.

(*) Co-párroco de Fátima.