As pontes medran e convértense en pontes aéreas polo Nadal

Uns concellos que pechan e outros que están a medio gas tirando a mínimo. É a situación que se repite cada ano por estas datas nos consistorios da comarca, e que esta semana se "agravaron" coa coincidencia de dous festivos nos días estratéxicos, o que ten facilitado convertir a tradicional ponte da Constitución en ponte aérea. Só en Bueu a actividad pareceuse onte á dun día normal, mentras en Cangas os departamentos municipais estaban con servizos mínimos e en Moaña nin eso, pois o Concello non chegou a abrir as portas. Tamén se queixaron algúns empresarios por un parón que entenden que non está en concordancia coa crise actual.

As ceas de empresa menguan, pero o venres 16 hai overbooking

Ainda que os petos padecen escaseza, quen mantén o posto de traballo non quere renunciar á tradicional cea de empresa, e o venres día 16 semella a data elexida pola maioría, pois os restaurantes concentran unha alta porcentaxe de reservas. Certo é que hai crise, pero dela non se sae se os que aínda traballan (ou traballamos) quedan na casa para aforrar. Os cartos teñen que cambiar de mans para que isto se mova, e son tempos de celebrar.

Os concellos apúntanse á tecnoloxía LED para aforrar en alumeado

Gastar parte do que se gaña non significa despilfarrar e menos seguir sumando débeda sen ton nin son. Daquela está ben que os concellos (que gastan máis do que ingresan) busquen alternativas de aforro enerxético, como o uso de tecnoloxía LED para o alumeado navideño, que alegra as rúas da comarca sen seguir ampliando o prazo da hipoteca cidadá.

O espírito do Nadal invade o CEIP Tirán. O colexio de Tirán está tomado polo espírito do Nadal. Non hai máis que ver a orixinal decoración da entrada. Na súa elaboración participou a aula de plástica en inglés e as nais dos alumnos.