EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Campo de Granada

Escritora María Xosé Queizán

Manuel Bragado

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

No serán do pasado venres, o Auditorio Mar de Vigo acolleu a presentación do libro “Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán” (Xerais 2011). Ademais da presentación desta obra colectiva –coordinada por Camiño Noia e Manuel Forcadela, profesores do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, e na que participaron dúas ducias de persoas vinculadas ao ámbito académico e ao movemento feminista–, o acto constituíu unha reivindicación rotunda da achega humana, política e cultural da escritora e pensadora feminista viguesa.
Nacida na rúa Urzaiz en febreiro de 1939, á altura do muro da Estación, aquela nena de posguerra educada en berce de mulleres herdou unha tradición de galeguismo urbano e unha educación liberal que a afastou do fanatismo fascista e relixioso daqueles anos díficiles. Sen perder nunca as súas raíces na ría, viaxou a París hai cincuenta anos, onde tivo o seu primeiro encontro cos pensadores existencialistas e coa literatura máis innovadora do seu tempo. Dende entón, esta viguesa afrancesada, rebelde e independente, mantivo como norte da súa vida a defensa dos principios da razón e da xustiza, concretados nos proxectos da revolución feminista, socialista e galeguista nos que participou, alenta e continúa promovendo dende o seu oficio de escritora.
Desque en 1965 publicara na colección “Illa nova” de Galaxia a novela obxectalista “A orella no buraco”, e desque en 1977 aparece o seu primeiro libro de ensaio, “A muller en Galicia”, María Xosé Queizán desenvolve un catálogo literario que non entende de fronteiras de xénero, procurando unha vía de diferencialismo feminista, ensaiando a creación dunha linguaxe específica e abordando temáticas novas para a literatura galega. Oito libros de ensaios, dous de contos, media ducia de novelas, tres pezas teatrais, catro poemarios, conforman un catálogo actual de vinte e catro libros individuais. Unha obra literaria á que cómpre engadir máis dun centenar de artigos publicados en revistas literarias, centos e centos de artigos xornalísticos en seccións como “Lilith” ou “Antígona” (esta en “Faro de Vigo”), dúas biografías inéditas, un libro de viaxe en publicación e varios guións de documentais. Unha obra tan extensa como variada, propia dunha escritora total que fixo da literatura e da creación artística un compromiso primeiro e fundamental na súa vida.
En cada unha das súas novelas, relatos, poemas ou artigos –sempre escritos dende o seu optimismo feminista e os criterios da racionalidade e a confianza na ciencia– salienta a necesidade de fuxir de calquera tipo de sentimentalismo e procurar a liberdade do ser humano, sometido aos condicionantes da sociedade patriarcal. Toda a súa obra constitúe un esforzo pouco frecuente na literatura galega por ofrecer as lectoras e lectores unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, ao mesmo tempo, utilizar o poder da palabra como medio para inventar novos paradigmas de igualdade na relación entre os seres humanos. Un exercicio de coherencia e de reflexión permanente que xa é tempo de recoñecer. Máis aínda cando é imposible entender a literatura galega contemporánea sen o espazo fulcral, artellado pola obra literaria da pensadora e escritora viguesa.
Alén do seu traballo como escritora, María Xosé Queizán é unha teimuda editora. Dende hai vinte e cinco anos dirixe e terma contra vento e marea esa fantasía chamada “Festa da Palabra Silenciada”, a interesante revista cultural da FIGA (a organización feminista á que pertence é da que unha das súas fundadoras). Dende 1999 dirixe “As Literatas” de Xerais, unha colección de literatura escrita por mulleres que permitiu verquer para o galego de forma pioneira a autoras como Herta Müller ou Emilia Pardo Bazán. Actividade editorial á que non son alleas outras iniciativas súas como promover a tradución para o galego da obra de Simone de Beauvoir, “O segundo sexo”, proeza realizada ao longo dunha década pola súa amiga Marga Rodríguez Marcuño.
María Xosé Queizán merece o agarimo e afecto dos membros da cultura galega, mais tamén ser elixida como membro da Real Academia Galega, reparando así unha anomalía que de forma incomprensible se ven arrastrando dende hai tempo. María Xosé Queizán merece o aplauso, o agarimo e os aloumiños que lle proporcionamos os seus conveciños, mais tamén que no denominado Parque da “Escritora María Xosé Queizán” (situado en García Barbón, á altura da entrada da autoestra), inaugurado en 1998 con motivo da homenaxe que lle ofreceu a AELG, volva chantarse a pedra na que se gravaron os seus versos e volva plantarse unha magnolia negra como aqueloutra que ela plantou. Reclamo que o concello repare a escape esa inxustiza poética, antes de nomeala Viguesa distinguida.
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
GALERÍA: EL OLIVO HUELE EL ASCENSO
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
88%
No 12%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad