EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Campo de Granada

Os adeuses

Manuel Bragado

 08:29  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

"Galicia é terra de adeuses", dixo Ramón Otero Pedrayo no discurso que pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago con motivo da inauguración do curso 1954-55. Esta frase rotunda, case un manifesto en cinco palabras que subliña a condición emigrante do pobo noso, foi recuperada na fermosa presentación que Ramón Villares escribiu para o catálogo da exposición "Os adeuses" do fotógrafo coruñés Alberto Martí Villardefrancos, aberta até onte nas instalacións viguesas da Fundación Barrié. Froito da colaboración da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega, esta mostra itinerante memorable, inaugurada xa o pasado ano na Coruña, contribúe a construír a memoria do acontecido nas estacións marítimas da Coruña e Vigo hai máis de cincuenta anos. Daquela, Venezuela e Arxentina, sobre todo, e, en menor medida, Brasil e Uruguai, foron os destinos escollidos por máis de trescentos mil emigrantes galegos para inventar as súas vidas. Unha cifra elevadísima, arrepiante –supuña o cincuenta por cento do conxunto da emigración española a ultramar entre 1950 e 1970– que amosa canta verdade atesouraban as palabras de Castelao: "o galego en troques de rebelarse, emigra".
A dor e a tristeza daquel éxodo de milleiros dos nosos compatriotas, que enxergaban alén mar un futuro que daquela en Galicia se lles negaba, quedou inmortalizado na fotografía que Manuel Ferrol fixera no peirao da Coruña en novembro de 1957, mergullado entre os emigrantes, que embarcaban na derradeira travesía do Juan de Garay rumbo a América, e os familiares que foran a ofrecerlles o último aloumiño. Esa extraordinaria foto –na que aparecen un pai e un fillo, Xan e Xurxo Calo, veciños de Fisterra, desfeitos e bagoantes despedindo á nai e a dous irmáns do primeiro– constitúe a icona máis internacional da fotografía galega, formando parte da colección permanente do Museo da Fotografía de Columbia e sendo reproducida en diversas historias da fotografía universal como exemplo dun dos mellores documentos gráficos da humanidade. Aquela fotografía, realizada ao abeiro da reportaxe que sobre a emigración masiva galega lle encargara a Ferrol a Comisión Católica de Emigración, foi publicada por vez primeira en Arxentina, en xuño de 1958, por Luís Seoane na revista "Galicia emigrante", que a recibira de mans de Isaac Díaz Pardo. Oito anos despois, xunto a outras seis da mesma reportaxe, foi incluída no libro "Galicia hoy", publicado por Ruedo Ibérico. Dende entón, a foto dos Calo foi considerada como a denuncia máis contundente da emigración nosa durante o século XX.
As fotografías dos adeuses de Alberto Martí non desmerecen de maneira ningunha a emoción e a calidade daquela magnífica e tan gabada reportaxe de Manuel Ferrol. Realizadas na mesma época e no mesmo escenario, estas setenta e tres imaxes, que o veterano fotógrafo coruñés mantivo inéditas até agora, posúen a potencia visual e a sutileza compositiva abondas para captar o estado da alma emigrante en momentos decisivos de transo como son os das saídas e as chegadas. Organizados en tres apartados (a ida, a volta, e a chegada ao porto de Vigo do "Santa María" en 1961, tras o secuestro do DRIL), cada un destes cartaces retrata unha historia secreta do que supuxo a emigración para milleiros de persoas, dende o latexo inicial da saudade, modulado a medida que o buque se afastaba do peirao, até a inevitable incerteza do regreso.
Nesta mostra o espectador atopará fotografías marabillosas, emocionantes, impactantes. Eis ese retrato de gran modernidade, utilizado para a cuberta do catálogo e para a promoción da mostra, de catro persoas de costas saudando cos panos de man aos seus seres queridos, a máis elegante expresión da saudade que nunca vira. Outrosí sucede coa dureza das escenas que retratan o rebumbio das aduanas, onde os emigrantes quedaban espidos, privados de calquera intimidade, mentres os axentes remexían sen o menor pudor nas maletas. Ou coa emotividade de retratos excepcionais dos nenos que perderon o barco, da meniña sentada entre maletas, da rapaza que en cuberta fai de nai cos seus irmáns pequenos, da monxa saudando dende o camarote á súa chegada ou das avoas subindo a bordo co seu obxecto máis querido, un tallo. Mención á parte merece o documento excepcional da presenza do fotógrafo do minuto fotografando no peirao (quizais a peza que recolle mellor o sentido desta mostra), coa intención de captar para sempre a esperanza depositada no derradeiro adeus ou a quentura da primeira apreta tras o reencontro.
Cos estes adeuses e apretas, Alberto Martí desvelou unha fascinante paisaxe humana que contribúe á renovación da iconografía sobre o fenómeno emigratorio galego, a nosa grande epopea colectiva. Coñecela é imprescindible para entender a historia recente de Galicia.
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
GALERÍA: EL OLIVO HUELE EL ASCENSO
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
88%
No 12%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad