EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Campo do Fragoso

Vitoria baixo o ballón

Manuel Bragado

 08:48  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Os seareiros que decote acudimos a Balaídos temos razóns abondas esta tempada para estar satisfeitos. A primeira, tras varias tempadas confusas podemos enunciar case sen trabucarnos un once ideal: Falcón, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Catalá, Roberto Lago, Bustos, Garai, Álex López, Trashorras, David Rodríguez e Quique De Lucas. Un once ao que se incorporan con plenas garantías de rendemento, Murillo na defensa e Dani Abalo, Iago Aspas e Joán Tomás na dianteira. Un cadro compensado que ofrece alternativas abondas.
A segunda, a confianza que transmite o equipo, baseada na súa comprobada capacidade para sacar adiante os partidos de casa, unha actitude férrea, teimosa, intensa que converte Balaídos nese forte dificilmente expugnable co que sempre soñamos os celtistas. Así sucedeu onte fronte ás Palmas, un equipo excelente, un rival directo desa difícil liga dos escollidos, os conxuntos que durante a segunda volta pelexarán a morte polos postos de ascenso e promoción.
A pesar da forte ventada e dos ballóns intermitentes, o Celta non perdeu os seus sinais de identidade. O noso cadro de gala tivo que traballar arreo, sobre todo no eido defensivo, para conseguir finalmente unha vitoria cómoda fronte a un equipo que amosou capacidade de despregue polas bandas e unha envexable capacidade de toque.
A diferenza de xornadas anteriores, ao Celta custoulle un cuarto de hora aseñorar o partido, xa que até entón os canarios foron os que levaron a iniciativa, obrigando aos nosos a xogar á contra. Deste xeito chegou o primeiro gol, nunha apertura conducida por Álex López que distribuíu á banda dereita para que De Lucas centrase e o pobre do Aythami, moi ben presionado por David Rodríguez, introducise de forma involuntaria o coiro dentro da súa portaría.
A partir de aí, comezou a funcionar a máquina celeste, alimentada polos balóns do valadar Bustos e conducida con enorme precisión e velocidade por ese nova pérola galega chamada Álex López, un medio de ataque da mellor escola ferrolá, aquela dos Manuel Fernández Amado, Juan ou Santiago Castro da nosa mocidade, que deixaron unha inesquecible pegada na nosa memoria.
Durante media hora, o Celta desenvolveu unha decena de perigosas chegadas, algunhas de fermosa fasquía. David rematou un chisquiño desviado nun par de ocasións; Trashorras ofreceu unha desas súas marabillas de complicado deseño que o porteiro canario evitou cun paradón in extremis; Álex enviou varios pexegazos contundentes por riba do longueiro e Quique De Lucas deixou dous balóns a moi poucos centímetros da rede. Oportunidades celestes que nos minutos finais da primeira parte foron moi ben respondidas polos canarios que tamén puideron marcar.
O partido continuou vibrante e con alternativas en ambas as dúas portas ao longo da metade da segunda parte, na que os visitantes intensificaron o seu control da pelota, mentres que o Celta só podía ameazar con algunha chegada esporádica. No derradeiro treito do partido, os trocos de Herrera volveron ser moi acertados. As entradas de tres dianteiros –Abalo, Aspas e Tomás– foron decisivas para situar o xogo no campo canario e ampliar o marcador. O segundo tanto chegou cando faltaban apenas tres minutos. Joan Tomás enviou ás mallas un xutazo, tras unha combinación de auténtico luxo entre Trashorras, Aspas e Abalo. Un golazo! A pesar de que nin Rayo nin o Betis desisten, as nosas esperanzas de ascenso aumentan.
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
89%
No 11%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad