EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Si home si

Os cuñados da patria

Xosé Manuel Pereiro

 08:15  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Permítanme un desafogo persoal. Cada vez estou máis desanimado cando me vexo na obriga moral de comentarlles cousas que considero que debe comentarlles. Falo dos debates parlamentarios cruciais e decisivos para o estado da nación ganadora da Copa Mundial de Fútbol. E aos protagonistas, pese a que no envite lles vai algo aínda máis que o soldo, tampouco é que se lles vexa moi animados, tal e como se comportan nel. Sinceramente, dos debates dos que levo falado –non vou ser tan hipócrita como para dicir que aturado– non vin outro tan comentado, e que tan decepcionados deixou aos que o seguiron.
Teño que evidenciar a miña desgana cun dato real: tiña as suficientes escusas para non velo que non reaccionei ata que me asaltou nun bar a intervención de Rosa Díez, esa política profesional –no senso máis pexorativa do concepto– que vende ser exactamente o contrario, tentando compensar cunha sobredose de demagoxia o feito de que non é a Sara Carbonero (famosa, cunha profesión e estreitamente relacionada cun símbolo de España). Así que me resignei a seguir como podía o resto do debate e as análises pertinentes. A conclusión que saquei é que os líderes políticos, como lle escoitei a un veterano parlamentario do PP, todos van ao seu, menos eu que vou ao meu. Porque do que se trataba era de debater de cómo lle vai ao país (esa é a definición de España na que maioritariamente se recoñecen os españois, segundo a última enquisa do CIS), non como lle vai a eles, e foi ao contrario.
Nun resumo que recoñezo que é demasiado resumir, pero verídico, Zapatero consumiu varias horas en dicir isto: "Si, facémolo mal. Non nos sae mellor, pero é o que hai. Se antes non fixemos o que tiñamos que facer é porque non nos mandaran facelo, pero vostedes criticábanme antes porque non o facía e agora porque o facemos, pero farían o mesmo que facemos nós". O discurso de Rajoy é aínda máis sintetizable, sen saírse da verdade: "Todos sabemos que a cousa está mal. Non tanto como me gustaría, pero mal. E a culpa é súa, Sr. Zapatero, e para que se amañe chega con que se vaia. Así que ahuecando, e rapidiño, que me estou perdendo o Tour". Nin sequera hai debate ideolóxico. Por exemplo: o que o Goberno fai e a oposición faría aínda que non o diga é o que manda o Mercado. Por qué? Hai outra alternativa? Se hai que facer o que mandan, ¿qué é o que se debate?, a prontitude en obedecer?, se hai que poñer –con perdón– a vaselina ou tentar remitirlles a factura por se lles desgrava? Mentres as súas señorías se esgotan en reiterar o obvio, pasan desapercibidos feitos como que os 3.000 caraduras fiscais españois descubertos por casualidade soamente nun banco, o HSBC, defraudaron un total de 2.600 millóns de euros (por se as cifras marean: 6.700 millóns é o que se aforrará o Estado coa rebaixa do soldo aos funcionarios. 1.600 millóns coa conxelación das pensións). Nin o Partido Socialista Obrero Español nin o Partido Popular (de los Trabajadores) sacaron a relucir o dato, aínda que fose coa intención populista de denunciar aos que agachan os beneficios mentres ás velliñas lles conxelan o salario miserable que reciben. Algunha das súas señorías, ou amigos coñecidos, figura nesa lista de delincuentes que, entre outros privilexios, gozan do anonimato? Soamente se me ocorre reiterar o que dicía a miña aboa Balbina cando os vía pola televisión: "Parece que se matan e logo son todos moi amigos".
En definitiva, máis que pais da patria temos cuñados da patria. Eses que se che presentan na casa para pedirche as ferramentas ou o coche, aos que lle hai que aturar as manías nas ceas de Nadal e as borracheiras nas festas familiares, e todo porque a túa irmá ou o teu irmán casou con eles, e mira que llo advertiches.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009