farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Campo de Granada

A cultura produce

Manuel Bragado

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

En Galicia a cultura produce. Esta é a primeira conclusión do estudo "O Sistema Produtivo da Cultura en Galicia. Unha visión económica" elaborado polo Servizo de Información Ardán da Zona Franca de Vigo en colaboración co Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega. O informe, presentado a pasada semana, estuda a evolución económica financeira durante os exercicios de 2005 a 2007 de 725 empresas radicadas en Galicia dos máis diversos sectores das industrias culturais, dende a edición de xornais, revistas e libros, pasando polas actividades artísticas, pola produción cinematográfica e musical, actividades de radio e televisión, ata o sector da fabricación e difusión de bens culturais, no que se inclúen dende o traballo das artes gráficas, a distribución de películas e a xestión de espectáculos.
Todo este urdime da industria cultural achega un 2% ao PIB galego, porcentaxe que a pesar de ser superior ao de sectores tan emblemáticos na economía galega como a pesca, a industria téxtil ou a industria química, se sitúa por baixo do que representa para o conxunto de España (3%) e, aínda máis lonxe, do peso que ten en países como Dinamarca, Reino Unido ou Suecia (con cifras que superan o 5%). Porcentaxes arredor do 2% son tamén as que representa con respecto á poboación ocupada en Galicia o emprego dun sector moi atomizado (a maior parte microempresa) que ocupa a 26.000 traballadores, a grande maioría no sector privado, unha cifra xa elevada, mesmo se a comparamos coa do sector da automoción, o primeiro da industria galega.
Máis alá do inequívoco valor produtivo do sector cultural galego expresado por estes datos, que con seguridade sorprenderán a moitos, mesmo a algúns responsables políticos escasamente informados sobre o mundo da Cultura, este completísimo estudo consegue por vez primeira acoutar o perímetro das industrias culturais en Galicia, recollendo a actividade de todas as empresas que se dedican á produción ou distribución de bens culturais. Un feito moi positivo que remata por fin coa indefinición dos límites dun sector (moitas veces dificilmente ubicable) e debería contribuír a aumentar a autoestima dos seus actores e, mesmo, a conciencia de pertencer a un sector industrial estratéxico na economía galega deste século (así está definido pola recente Lei do Libro e a Lectura, por exemplo, o sector da edición en Galicia).
Como moi significativo é tamén o feito de que o informe sinale que a actividade económica emanada do sector cultural privado en Galicia é moi superior ao gasto público en cultura, o que para os redactores do informe debera "despexar certas dúbidas prexuízosas do carácter subvencionado da creación cultural", ou saliente a importancia do emprego xerado por un sector moi dinámico que, até o devalo da crise económica, viña medrando como no conxunto de España a unhas taxas do 6%. Noutras palabras, a cultura en Galicia, tanto a creación como a súa distribución, produce valor e crea emprego.
Abandonado o prexuízo de que o sector cultural é apenas unha expresión identitaria que subsiste grazas ás subvencións dos poderes públicos, ábrese en Galicia a posibilidade de consolidar, a pesar das súas cifras modestas, un sector cultural económicamente rendible capaz de xerar riqueza e de incidir, o que non é menos relevante, na cohesión social e o benestar da súa comunidade. Esoutro valor social engadido é a diferencia principal das industrias culturais con respecto a empresas convencionais, o que conleva a necesidade que teñen cada unha de contar cun proxecto cultural singular (ou artístico, ou informativo, ou educativo) a defender e asegurar a súa viabilidade nas difíciles ondas do mercado (sexa interno ou de exportación). Este modelo de empresa cultural en permanente diálogo tanto coa creación cultural como co seu público, nalgúns casos deberá contar tamén co apoio das administracións públicas, amparadas no marco das políticas de "excepción cultural" e na necesidade de asegurar os dereitos constitucionais de acceso á cultura.
Sexa no contexto do mercado ou no caso máis específico da "excepción cultural", as industrias culturais en Galicia, como salienta nas súas conclusións o informe Ardán, son un sector con posibilidades de crecemento. Porén, nun momento de transición á cultura dixital, o que provoca unha importante fragmentación e fraxilidade do mercado cultural e de lecer; de reestruturación inevitable das caixas de aforros, que levará a reducir de forma significativa os fondos destinados a obra social e cultural; e de retroceso por parte do Goberno galego nas políticas de fomento da lingua e cultura propias, as empresas culturais privadas en Galicia están chamadas a asumir todo o protagonismo e a responsabilidade.
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009