EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Si home si

De quen son os parados?

Xosé Manuel Pereiro

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Hai días coma este no que non sei que escribir. Porque, igual ca o burro de Buridán, que morreu de fame por non darse decidido a escoller cal herba pacer, non sei a cal de dúas obviedades importantes atender. Igual que o tal burro, se non me decido non como, pero cheguei a conclusión que o do decreto do galego é a estas alturas non é outra cousa que claro un exemplo de obstinación asnal-gubernamental, así que me vou centrar no outro. Na concertación social que parece que os chamados axentes sociais decidiron que hai que afrontar. Non era sen tempo, coa que está caendo.
O primeiro paso para a concordia deuno o experto que na patronal se encarga dos estudos económicos, que oportunamente se apelida Feito. Feito, só ou con axuda de outros, chegou á conclusión de que a destrución do emprego en España ten a súa causa en que os salarios e as indemnizacións por despido son dos máis altos de Europa. Así que a mellor maneira de rematar co paro é baixar os salarios e as indemnizacións. A Feito non lle falta razón en que, posiblemente, se os empregados traballaran pola metade dos soldos actuais, ou pola comida, habería máis contratos, pero acábaselle aí, ou mesmo antes. A escravitude rematou non tanto porque fose unha indecencia, senón porque na maioría dos sectores produtivos os amos botaron contas e concluíron que lles era máis cómodo e barato ser patróns e pagar un salario aos que lles traballaban, e non telos que manter, houbese traballo que facer ou non. Postos nos tempos actuais, eu imaxino que, en liñas xerais, os empresarios teñen os empregados que precisan, e non terían de máis por moi baratos que lles saísen. O máis difícil de entender é por que habería menos despedidos se fose máis barato despedilos.
Segundo Feito, a súa argumentación baséase en "simples leyes de la aritmética", o que non deixa de ser un consolo para os que doutras non entenderemos, pero destas si. Aritmeticamente falando, non casa a súa afirmación do altos que son os que a linguaxe patronal denomina "custes salariais" (como se traballar non custara tempo e esforzo), porque o día anterior, Adecco, que é unha multinacional do traballo temporal, e de salarios algo debe saber, sinalaba que o soldo medio bruto aquí era de 21.500 euros anuais, a metade exacta que en Alemaña, Holanda ou o Reino Unido, e mesmo un 20% menos ca media da UE (27.036 euros), onde hai países ricos ca nós, pero moitos outros ben máis pobres. Segundo as leis da aritmética que sei, 21.500 é unha cantidade inferior a 27.036, e tamén a 40.000. (Xa postos, segundo o INE, o salario medio dos galegos é de 1.313 euros mensuais, creo que inferior aos 1.908 euros que cobran en Madrid, e penso que tamén aos 1.538 da media española. Claro que a cambio non teremos que gastar en academias e viaxes para aprender inglés). E non debe ser máis complicado ou caro despedir aquí ca en Europa, porque aquí os contratos temporais, os que se despiden eles soíños, son o 32%, e en Europa o 12%.
Eu non quixera contribuír a que o señor Feito pase a formar parte dos despedidos, co caro que probablemente sairía botalo, pero o que posiblemente ocorre é que a Comisión de Economía da CEOE soamente ten un estudio, que airea en canto llelo piden. Porque haxa frío ou calor, vacas gordas ou fracas, o remedio que propoñen é sempre o mesmo: baixar os salarios e abaratar o despido. Certo é que unha herdanza do franquismo son unhas boas condicións laborais para unha minoría de traballadores (xunto coa inoculación da mansedume no código xenético do común dos asalariados) e habería que igualar condicións. E que o sistema laboral é inextricable. Pero tamén se herdou un crecemento empresarial moito máis baseado no aproveitamento dos contactos e oportunidades de todo tipo que na estrita competitividade do produto ou servizo ofertado. Ou sexa que a maiores de mirar para as pallas nos ollos dos demais, hai que revisar os propios. Á conclusión de que ás empresas lles iría mellor se a xente traballara máis e cobrara menos chega calquera burro, sexa o de Buridán ou presida algo.

COMPARTIR
 
  Encuestas de actualidad
¿Confía en que el Celta se clasifique el jueves en la Copa del Rey?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
76%
No 24%
 
Ver más encuestas »
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009