EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior    

Inquedanzas

Juan M. Vieites Baptista de Sousa - Secretario general de Anfaco-Cecopesca

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

No marco do sistema financeiro galego, o de abrir as portas actuais, adquirindo unha maior o menor competencia como cidadáns según as cousas se valoren, estase a falar moito.
Nosas caixas transcorren a súa existencia sen deixarse vencer polos sonos, mantendo ben altos os perfís ben distintos, en ocasións ben distantes.
A min, deste prólogo, interésame dun xeito especial o capítulo adicado ás intrigas, con múltiples personaxes que se van enmarañando como en calquera lugar urbano, levándonos cara a unha violencia nas formas.
A xente de a pé está atrapada na súa capacidade que leva incorporada sempre ao seu sentimento. Hai de todo e case todo se vai volvendo outra cousa.
Neste senso, quizás cadre ben dicir que estamos ante un panorama das caixas galegas que, non é que sexa desolador.
Moitas veces o recorrer a diñeiro público pode supoñer un custo elevado e unha carga excesiva para os galegos, polo que mellor procurar solucións con argumentos máis reais, como a venda de activos, carteira industrial,…Xa sei que as caixas galegas teñen unha presenza destacada en sectores de actividades estratéxicos, máis as súas inversións deben procurar valor engadido e que o poder de decisión esté en Galicia.
Non trato de falar aquí dos cartos, que tamén, senón de ideas. E claro que, hoxe en día, a xente fala moito de diñeiro e os nosos representantes políticos como administradores da sociedade, non nosos banqueiros, deberían de traballar na procura do mellor para Galicia pero sen esquecer a todos nos e velando polo futuro escenario financeiro.
O que está subxacente é que se está continuamente exercitando na apreciación do bo e do malo, do xusto e do inxusto, na conciencia de cada un de nós. Somos vítimas ao final das nosas incapacidades. Polo tanto, deberíamos mirar de vez en cando para nós mesmos, resolver os problemas ou situacións con diálogo consensuado e deixarnos de tanto dereito e tanta denuncia. Ademais, o negocio financeiro, de por si, xa está cheo de riscos.
Terán que pasar moitos e moitos anos antes de que se volva a que a xente atenda so as razóns, xa que as palabras non parecen suficientes.
Porque o fin non xustifica os medios para saborear unha sensación de poder e, rectificar no seu caso, tamén e unha mostra de liderazgo.
As claves do éxito poida que radiquen tanto na excelente asimilación, como na claridade dos contrastes, sen esquecer as testemuñas distribuíndoas con acerto para chegar os precisos remansos.
Maila todo déixase traslucir a necesidade de esforzo e traballo, focalizar a mensaxe non falando de realidades dolorosas, deixándose levar por un raio de esperanza.
Unha proposta, en fin, nunhas situacións difíciles, de penuria económica e social e onde ser optimista debe ser un reto constante.

COMPARTIR
 
  Encuestas de actualidad
¿Debe el Gobierno Central poner más dinero para la promoción del Xacobeo
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
0%
No 0%
 
Ver más encuestas »
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009