EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Consensos e Campus do Mar

Jaime Cabeza Pereiro - Candidato a reitor da Universidade de Vigo por Nova Universidade

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Práceme que haxa certos temas de interese xeral nos que o consenso amosa que somos, por riba doutras cousas, unha comunidade. Nalgúns proxectos comúns ilusionantes a implicación unánime do colectivo da Universidade de Vigo, ademáis afortalado por outras institucións da nosa contorna e pola sociedade civil, é sinal de esperanza. O Campus do Mar entendeuse desde o Claustro Universitario, co gallo do informe anual que presentou no pasado decembro o reitor saínte, como un reto ao que debíamos encamiñar os nosos esforzos. Así o fixemos, e asumimos o compromiso de afastalo da contenda eleitoral e das liñas programáticas duns e doutros.
Desde a perspectiva de Nova Universidade, Campus do Mar constitúe o obxectivo estratéxico no eido da investigación máis importante que a nosa institución ten diante no curto e medio prazo. Nós sumámonos ao consenso coa arela de que sexamos líderes dunha estrutura investigadora que constitúa sinal de identidade e testemuño de capacidade investigadora e integradora. Que ademáis o campus adquira unha condición transfronteirizca coa implicación doutras entidades do Espazo Europeo de Educación Superior supón aínda máis doses de ilusión. Á fronte deste proxecto, en calidade de comisionado, o profesor Emilio Fernández, un dos investigadores con traxectoria máis recoñecida e consolidada da nosa institución, conta coa adhesión e apoio total duns e doutros. Hai, desde logo, elementos para sermos optimistas. O éxito do comisionado vai ser, por ventura, o éxito noso.
Xa que logo, complicidades e consensos en temas fundamentais. Como foi o caso dos Estatutos da Universidade de Vigo, xa ratificados polo Consello da Xunta esta mesma semana e, polo tanto, a piques de ser norma vixente. Un texto básico que, mais as debilidades que poida ter, ostenta a virtude de nacer dun pacto e un acordo moi amplo no eido dos tres colectivos que conforman a nosa institución. Non podía ser doutro xeito: desde Nova Universidade entendeuse que unha colaboración leal na comisión que elaborou o texto e nos órganos polos que transitou ata o Claustro melloraría o resultado final. E tamén o entendeu así neste caso o equipo de Goberno.
E noutro ámbito de toma de decisións, levamos tempo demandando que haxa complicidades e acordos entre os tres reitores das Universidades galegas. Endexamais se pode dicir que o consenso estea rachado no noso sistema universitario. É por iso polo que quero expresar, no nome do meu grupo, o agradecemento pola nova rota de entendemento que esta semana encetaron Barro, Barxa e Gago. Aos tres. E ademáis, por que se pospoñan conflitos impropios de tempos de estreituras económicas.

COMPARTIR
 
  Encuestas de actualidad
¿Cree que las autoridades gestionaron bien el temporal?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
29%
No 71%
 
Ver más encuestas »
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009