EN DIRECTO

Gómez Román, arquitecto e galeguista

Xosé González Martínez

 06:30  

O día nove de novembro de 1964 falecía en Vigo o arquitecto Manuel Gómez Román, o "ensoñador de novas Compostelas", como o denominou Otero Pedrayo. As súas obras demostran a fidelidade a unha maneira de construír coforme aos cánones dunha tradición arquitectónica herdada. Soubo fixar a súa atención no ciclo arquitectónico medieval e do noso barroco; ciclos que son o trasunto do mesmo nervio histórico de Galicia. Sensibilidade que completou cun coñecemento doutras correntes: do modern style, do art nouveau, do jugendstil, que soubo conxugar coas maneiras autóctonas, como nolo recordan Xaime Garrido Rodriguez e Xosé María Ramón Iglesias Veiga, estudosos da súa obra.

O seu propósito foi conservar a arquitectura tradicional galega nas etapas da vida cultural cun sentido de continuidade. O seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, que non puido pronunciar por prohibilo a autoridade gobernativa que se opuña a que as intervencións fosen en lingua galega, di: "Penso que isto é indispensable para que perdure a enxebreza que inspirou aos nosos devanceiros nas súas concepcións, e que servíu para que a nosa arquitectura tivese un destacado e singular valor no panorama xeral desta arte".

O discurso arquitectónico de Gómez Román incardínase no da regaleguización do País pola que traballou e loitou mesmo na clandestinidade. Con anterioridade foron varios os ámbitos nos que se debateu esta preocupación pola conservación da nosa arquitectura. En 1918 a Asemblea Nacionalista celebrada en Monforte de Lemos declarou a "soberanía estética da Nación Galega", que se exercerá, dicían "sobre as construcións urbás, ditándose unha lei que obrigue aos propietarios a axeitaren o estilo das súas construcións ao estilo xeral de cada vila". Posteriormente, o Primeiro Congreso de Economía Galega celebrado en Lugo en 1925, volveu insistir no mesmo obxectivo, que logo continuou o Seminario de Estudos Galegos.

A preocupación das instancias culturais do galeguismo de preguerra non tiveron continuidade, abríndose un período de desfeitas tanto no noso rural como nas cidade e vilas. No rural, porque esnaquizaron o hábitat galego, derrubando as vellas casas no canto de reformalas, construíndo outras de mal gusto, que deron pé ao chamado "feismo". Nas cidades e vilas, porque os concellos deron autorizacións para guindaren edificios de gran valor arquitectónico e reemprazalos por outros espantosos. Hai que lamentar que nos últimos trinta anos de concellos democráticos os gobernos municipais desaproveitasen a ocasión para planificar a organización territorial e protexer a nosa arquitectura tradicional.

Foise o tempo e con el as oportunidades de refacermos Galicia. Ocasións hóuboas. Pero desaproveitáronse para reconducir a situación. As novas tecnoloxías ofrécennos ferramentas como as infografías para facer reconstrucións ideais e divulgalas creando deste xeito modelos a imitar, e valéndonos da pedagoxía evitar os atentados continuados ao noso patrimonio arquitectónico. Gómez Román albiscaba esa pedagoxía con estas palabras: "Sería ben espertar nas xentes a sensibilidade; de aí sairían, sen dúbida, as normas para poder realizar a nosa aportación con signo propio e peculiar á Arquitectura moderna. Se tal acontecera estariamos no camiño de podermos facer que Galicia puidese aparecer con destacada e singular prestancia".

O Foro E. Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, para recoñecer o legado arquitectónico e galeguista de Manuel Gómez Román, colocarán unha placa conmemorativa do 45º cabodano do seu pasamento nun dos edificios emblemáticos da rúa Montero Ríos de Vigo que el proxectou.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya