EN DIRECTO

Ese rapaz de Vigo

Henrique Harguindey Banet

 21:31  

Cando no 1960 fumos vivir á Coruña, á casa do meu avó, meu irmán Xosé Miguel e mais eu –de 16 e 14 anos– botabamos frecuentes conversas con aquel rexo vello. El fora integrante da Cova Céltica, fundador da Academia Galega, membro dende o comezo das Irmandades da Fala, asistente significado da 1ª Asambleia Nazonalista de Lugo e persoeiro do Partido Galeguista.
Na súa biblioteca bebimos aglaiados a nosa cultura. Dende a Biblioteca Gallega ás coleccións de Céltiga e Lar e á editorial Nós, incluída a revista homónima. Dende o teatro de Cotarelo ás traducións de Plácido Castro e os irmáns Villar Ponte ou ás de Avelino Gomez Ledo. Dende a teoría política de Risco aos debuxos de Castelao.
Preguntabámoslle moito sobre o galeguismo anterior e o deses anos e dicíanos que quen o estaba refundando era "ese rapaz de Vigo, Fernández del Riego".
Non erraba meu avó. Nin ao personalizar en del Riego a refundación do galeguismo baixo a ditadura de Franco (aínda que era un grupo e os galeguistas traballaban como nunha piña) nin en lle chamar paternalmente "rapaz", porque iso era unha persoa de apenas cincuenta anos para outra de noventa, máxime cando aquel fora na infancia compañeiro de estudos dalgún dos seus fillos.
Ese galeguismo reorientárase cara á acción cultural deixando aparcada a actividade política despois dun intento de reconstitución clandestina do Partido Galeguista. Decisión que por suposto pode analizarse e xulgarse con perspectiva histórica, pero que só aqueles que arriscaron moito máis aínda nese momento teñen –ao meu ver– autoridade moral para criticar.
O caso é que ese fato de persoas –moitas delas procedentes das Mocedades Galeguistas– inician un intenso e frutífero labor cultural galego. Dentro delas Francisco Fernández del Riego tiña unha especial relevancia. Xa nos seus anos de estudante tivera unha sonada intervención na apertura do curso 1933–34 na Universidade de Compostela. Alí, como representante do alumnado, pronuncia un discuso no que demanda a transformación da Universidade nun foco de modernización e de galeguización presentando un programa de medidas concretas. Foi un auténtico abalo na vida da entón única universidade de Galiza.
Imposible resumirmos nin mesmo nunha ducia de artigos as diversas facetas da súa extraordinaria entrega e enerxía. Décadas de labor ininterrumpido ata hoxe que quedarán gravadas en letras de ouro na nosa Historia: reintrodución do galego na prensa baixo o franquismo; conexión coa emigración na América que impulsaba a nosa cultura no exilio e con plataformas de expresión como a BBC; labor editorial na que facía absolutamente de todo; publicación de milleiros de artigos e ducias de libros en reivindicación de Galiza; centos de conferencias no país e fóra del; recuperación da Academia Galega, primeiro cunha estratexia de entrada dos galeguistas, logo coa creación do Día das Letras Galegas e, aos oitenta e cinco anos, remozándoa dende a Presidencia; dirección da Biblioteca Penzol; donación a Vigo da súa riquísima biblioteca e pinacoteca...
Sexa este só un pretexto para lle agradecer a súa inmensa xenerosidade.
O noso país precisa de moitos "rapaces" (e "rapazas") como don Paco del Riego!

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya