EN DIRECTO
De Bolina

A canción do pirata (e II)

Xosé Ramón Pena

 23:35  

Mediante o correo tradicional, diríxense dous de entre Vdes. –sempre moi amables lectores destas liñas semanais--, a quen isto escribe para recriminarme que, na crónica semanal aparecida hai dous sábados e baixo o mesmo título que estoutra de hoxe, un servidor estivese, seica, "a protexer o mal goberno de Zapatero" cando, ben polo contrario, o meu "deber de comentarista que se pretende imparcial" debería levarme, xa que logo, a "criticar lo que es de justicia: esto es la muy lamentable actuación del ejecutivo en un caso –nin que dicir ten, os dilixentes comunicantes estanse a referir ao tristemente célebre secuestro do atuneiro "Alakrana"-- que sólo produce bochorno, al tiempo que conlleva el más absoluto desprestigio internacional para España y los españoles".
"Protexer o goberno", nin máis nin menos!; aí é nada a hiperbólica hipérbole! Aí é nada e nada aí máis lonxe das cativísimas capacidades deste, seu, modestro cronista. Non obstante, e xa situados en semellante escenario, pemítanme aínda os meus xentís comunicantes, e aínda todos os lectores, que traia á memoria a singular anécdota histórica: cando o 7 de setembro de 1898, logo das desfeitas navais de Cavite e Santiago de Cuba, varios deputados arrencuncharon a D. Francisco Silvela baixo a acusación de que estaba, precisamente, protexendo o goberno Sagasta, o daquela líder do Partido Conservador espetoulles algo así como de qué cousa o estaban a amoestar as súas señorías: "¡Qué he de proteger yo al gobierno! -retrucoulles- No se protege a los cadávares. Lo único que se debe hacer con ellos es respetarlos y el gobierno pernamece en el banco azul por la piedad que inspiran los muertos". Queda dito/escrito.
Non falta quen afirme, desde logo, que o caso do "Alakrana" non vén ser máis que outra efectiva mostra de vivirmos baixo o peor goberno de entre todos os habidos na xeira democrática desde 1977. Podería matizarse o anterior acudindo, claro é, ao vello adaxio que subliña que, ao cabo, os países acaban por ter os gobernos que merecen. Non irá un servidor tan lonxe, pero si que cabería pensar, porén, que, se non os países, si que determinadas oposicións e mais certos sectores mediáticos acaban por padecer os gobernos que de veras lles cómpren. Traducido: poida que o peor goberno desde 1977 mereza a peor oposición –e mais determinados peores poderes mediáticos- tamén desde 1977. Ou viceversa: que a peor oposición, etc… Que foi primeiro: a galiña ou o ovo?
"Os barcos tiñan/teñen que levar militares a bordo". Moi ben pero… que acontecería se algún deses militares ten o mal fado de resultar ferido de gravidade ou algo peor? Imaxinan os lectores as críticas acesas, indignadas… as vestiduras rasgadas en editoriais e tertulias? Pensan xa na inmediata comisión investigativa que habería que organizar? Na discusión interminable acerca do papel do exército e da armada española? "Hai que pagar canto antes o rescate!", pregaron/máis ben esixiron voces airadas: exactamente esas mesmas que logo piden luz e taquigrafos para comprobar se a "dignidade nacional" quedou quebrantada, xustamente, co pago do tributo aos novos "señores do mar" somalí. "Queremos estar informados!", tronaron desde as tribunas, e só faltou que Mercedes Milá e demais comentaristas de Tele 5 se trasladasen ao Índico para retransmitir 24 horas sobre 24 as idas e voltas de tripulación, piratas e fragatas. Nin que dicir ten, trátase desas mesmas tribunas que logo se queixaron amargamente da suposta falta de profesionalidade dos nosos axentes secretos, xulgados sempre máis próximos á Tia de Mortadelo e Filemón que á Cia ou ao MI6 de Bond 007 e/ou George Smiley. En fin; para que nada falte, anuncian os "papeis" nestes días que Tele 5 –como non!-- será a produtora dun film cuxo guión viría da man de Jorge Guerricaechevarría. Agardemos que a cousa non acabe nunha "Spanish Movie 2" cun tribunal de xustiza, presidido por Chiquito de la Calzada, discutindo acerca da minoría/maioría de idade do "pirata" Leslie Nielsen.
Non será este simple columnista "de provincias" quen bote de menos calquera clase de censura. Agora ben; cabe pensar se en España, arquipiélagos e Perejil adxuntos os políticos –aforados ou por aforar- e mais determinados "líderes de opinión" gozan de absoluta impunidade. Porque, de certo, unha cousa é a liberdade de expresión e outra moi diferente mentir con premeditación e aleivosía: así no caso do "Alakrana" como, sen ir máis lonxe, nesoutras acusacións –publicadas en primeira páxina!- acerca da "mirada de asasino" dese rapaz de Tenerife ao que lincharon sen máis. Podemos dubidar se son 100.000 ou 200.000 os manifestantes; afirmar, polas boas, que chegan ao millón, ou aos dous millóns!, constitúe un delicto. Penado ou non, pero delicto á fin.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya