EN DIRECTO

Previsións de futuro das persoas con discapacidade intelectual

Alfonso Zulueta de Haz - Presidente da Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual

 01:49  

No complexo mundo das persoas con discapacidade intelectual xorden continuamente problemas que afectan á súa singular situación e que pesan con forza nas súas familias aparecendo situacións de ansediade e desesperanza, moitas veces por falta de información, polo descoñecemento das normas que poden levar acougo e tranquilidade ás familias ofrecendo solucións apropiadas a cada situación. A Fundación Tutelar Sálvora, desde a súa constitución, xa hai 19 anos, está a facer un labor constante de concienciación e información por diversos medios, tanto de forma individual coas familias a través dos seus servizos xurídicos coma de conferencias pronunciadas por especialistas as que ségue un coloquio onde as familias poden manifestar as súas preocupacións e inquedanzas. Neste último camiño, hoxe terá lugar a intervención do notario Ernesto Reguera sobre "Sucesións e Testamentos" no Centro Cultural Caixanova. Sen dúbida será unha luminosa e práctica información, seguindo a traxectoria das XVI xornadas anteriores.
Hoxe contamos cunha importante normativa que pode axudar a resolver problemas que de xeito permanente gravan ese espazo da humanidade, tantas veces descoñecido, que ocupan as persoas con discapacidade intelectual. O Código Civi, as leis de Dereito Civil de Galicia, do patrimonio protexido, da dependecia, son algúns dos fitos que poden axudar a encarreixar con certas garantías a protección das persoas con discapacidade intelectual nos diferentes momentos da séa traxectoria vital.
Hai unha exclamación que a miúdo escoitamos aos pais afectados: ¡que será do noso fillo/a o día que nos faltemos!. Esta preocupación polo futuro crea situacións de ansiedade e constante inquedanza que poden transformarse en posicións non dominadas pola angustia, onde sexa posible unha reflexión con acougo que permita ollar o futuro das persoas con discapacidade intelectual con esperanza. É necesario que aos pais, ás familias, estean informados, coñezan os camiños que ofrecen a normativa para poder solucionar axeitadamente os seus problemas, que concede aos pais amplas facultades para programar, despois do seu falecemeto, a protección do fillo/a con discapacidade intelectual. Desde a posibilidade de propoñer como titor a persoa da sua confianza, con amplas matizacions, ata outorgar testamento polo discapacitado, que a través da substitución exemplar permite de xeito voluntario atinxir solucións xustas como favorecer ao titor como herdeiro do discapacitado, compensando no posible os seus desvelos e atencións, creando o lexislador unha excepción, coido que de gran importancia práctica, no sistema sucesorio onde o testamento é un acto personalisimo.
As leis deben dar resposta aos problemas que xurdan na sociedade ofrecendo solucions. No que fai referencia á discapacidade intelectual acadáronse reformas lexislativas importantes mais non suficientes. Hai pasos decisivos que expresan unha maior concienciación co singular mundo da discapacidade intelectual coma a modificación do Código Civil, relativamente recente, o ano 2003, que nas causas de indignidade para suceder engade, por primeira vez, que "na sucesión dunha persoa con discapacidade "son incapaces de suceder por indignidade as persoas con dereito a herdanza que non lle prestasen as atencións debidas. Este precepto é, sen dúbida, un gran adianto que regula con xustiza situacións onde se descoñecía que, nas relacións coas persoas con discapacidade intelectual, o afecto e a axuda son os alicerces dunha asisada e responsable actuación. Paréceme que habería que estudar cunha análise fonda e equilibrada unha posible extensión das causas de indignidade a outros supostos coma, por exemplo, as escusas para aceptar o cargo de titor.
A historia da humanidade amosa as loitas permanentes para reivindicar dereitos das persoas. Reflexionando sobre a difícil e dura loita pola conquista dos dereitos humanos pode sosterse que a súa vixencia, o seu establecemento é consecuencia da consideración do mundo como espazo onde a dignidade da persoa humana sexa principio básico e ineludible que fundamente tódolos afáns e proxectos da sociedade. A reivindicación dos dereitos da persoa é un campo aberto tanto na súa ampliación coma na súa implantación en todo o mundo. Cómpre lembrar un dereito hai pouco tempo conquistado: o dereito das persoas con discapacidade intelectual a seren consideradas como persoas. En épocas non moi afastadas formaban un dos grupos marxinados da sociedade, estiveron ignorados, agachados e incluso desprezados. O gran reto das persoas con discapacidade intelectual foi conseguir que a sociedade as aceptase como membros dela, que as considerase como persoas o que comezou a lograrse sobre a metade do século XX. Ollando cara a atrás sentímonos abraiados, perplexos ante tanta demora para acadar o que hoxe parece natural. Mais tal demora tamén pasou no recoñecemento doutros dereitos. A causa do retraso no recoñecemento dos dereitos está na falta de concienciación da sociedade ante situacións inxustas e tamén inhumanas.
A Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual, que hoxe tutela 41 discapacitados, estando a espera de aceptar 11 tutelados mais, realizando as moi delicadas e complexas funcións de atención, defensa e coidado, do mesmo xeito que o farían os pais, seguirá demandando da sociedade e dos centros de poder os medios precisos para lograr que os discapacitados intelectuais teñan unha vida digna como persoas plenamente integradas na sociedade. Aínda hai moito que facer, cómpre seguir loitando con teimosía e esperanza para acadar a plena e total consideración da persoa con deficiencia intelectual en tódolos espazos da sociedade abatendo obstáculos físicos e psíquicos que o impidan.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya