EN DIRECTO

Día internacional das persoas con discapacidade

Cipriano Luis Jiménez Casas - Médico psiquiatra e escritor

 01:52  

En 1992, a Organización das Nacións Unidas resolveu declarar o día 3 de decembro, como Día Mundial das persoas Impedidas, a través da resolución 47/3. Os motivos desta celebración, non podían ser outros que: "Sensibilizar a opinión pública sobre diferentes cuestións relacionadas coa discapacidade e movilizar e movilizar o apoio a dignidade, os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade. Tratase en definitiva de concienciar a sociedade sobre os beneficios que se derivan da integración das persoas con discapacidade en tódolos aspectos da vida política, social, económica e cultural".
Arredor do 10% da poboación mundial, uns 650 millóns de persoas, viven con alguna discapacidade física, mental ou sensorial. O que equivale a que 1 de cada 10 persoas, entrarían a formar parte deste colectivo de persoas con discapacidade. Desta cifra un 80% deste colectivo viven en países en vías de desenvolvemento.
O Instituto Nacional de Estadística (INE), acaba de publicar unha enquisa de Discapacidade, Autonomía Persoal e Situacións de Dependencia (2008). Na súa introducción, refire que os cambios demográficos experimentados nas últimas décadas en España deron lugar a profundas transformacións na pirámide da poboación, entre elas un proceso de envellecemento significativo. Ademais, o aumento da lonxevidade coincidiu con importante cambios socio culturais que levan a que as institucións sociais e políticas procuren axustar os seus obxectivos a una nova realidade, que demanda mais protección social e un apoio as persoas que se atopan en situación de dependencia.
Para atender estas necesidades que xa están aí, e preciso coñecer: cantos son, que limitacións teñen e en que grao as teñan e si disponen de axudas e coidados. Por outra banda e importante comprender a realidade social e a calidade de vida destas persoas, así como o seu acceso o emprego, o apoio familiar, a marxinación ou as barreiras as que se enfrontan.
No ano 2008 existen en España arredor de 3,85 millóns de persoas que foron confirmadas como discapacitadas ou posuidoras dalgún tipo de limitación. Isto supón una taxa de 85,5 individuos por mil habitantes.
Nesta enquisa do INE Galicia aparece coa taxa mais alta de discapacidade de todo o Estado con 112,9 persoas con discapacidade por mil habitantes, seguida por Estremadura (109,9). A Rioxa presenta a taxa mais baixa xunto con Cantabria (61,6 e 70,0 por mil habitantes respectivamente).
As Nacións Unidas, una vez mais e, a través dos seus informes e coincidindo coa celebración deste Día Internacional das Persoas con Discapacidade, informa de cómo os dereitos humanos destas persoas son violentados de forma cotián e de cómo a sociedade foi educada en estereotipos que son transmitidos cada día a estas persoas en actitudes discriminatorias, que se suceden en múltiples actos cotiáns.
É por isto necesario transformar esas actitudes e impulsar e apoiar políticas públicas que respecten o dereito humano as persoas con discapacidade a vivir con dignidade.
A pesar deste chamamento das Nacións Unidas os seus Estados Membros, persisten en moitos países, por falta de lexislacións e políticas axeitadas establecer a denominada "igualdade de oportunidades" para esta poboación.
Noutro orde de cousas, mais da metade das persoas con discapacidade son mulleres, que viven o seu hándicap en países en vías de desenvolvemento. As mulleres experimentan tres formas de discriminación; por ser mulleres, por ser discapacitadas e por ser países pobres. A violencia doméstica, neste caso, constitúe a principal causa de discapacidade nas mulleres entre os 16 a 44 anos.
Ao longo destes cinco últimos anos, tense celebrado o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, poñendo o acento en temas como: Inclusión das Persoas con Discapacidade "Estratexias de Desenvolvemento" (2005); Accesibilidade das Persoas con Discapacidade a Sociedade da Información e a Comunicación (2006); Traballo digno para as Persoas con Discapacidade (2007); Convención sobre os Dereitos das persoas con Discapacidade: Dignidade e Xustiza para tod@s.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya