farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Os camiños da vida

Anisia Miranda

X. L . Méndez Ferrín

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Esta boa amiga e escritora que acaba de falecer naceu en Cuba de país procedentes dos concellos de Verea e Celanova, polas partes máis montañosas dos baldíos arraianos. Un día Anisia falou dos seus antepasados na vila de San Rosendo. Despregou para os circunstantes un pano da cabeza, avermellado. Contounos que o pano pasara dunha avoa a súa nai e, desta, a ela. Esa prenda era para Anisia unha bandeira e un tesouro. Gardaba a memoria do desraizamento, da pobreza, da emigración, da galeguidade.
Un día, Anisia Miranda, tendo seis ou sete aniños, foi levada polo pai, republicano, a ouvir un mitin de Luís Soto e Castelao na Habana. Corría a ano 1938 e os antes citados comprían a súa xeira norteamericana e cubana de apoio á República durante a Guerra Civil. O pai de Anisia díxolle á nena que lle levase a Castelao uns diñeiros para a colecta. Castelao e Soto mandáro-lle ao fotógrafo que lle tirase un retrato á meniña. A organización fíxolle chegar á familia a foto da nena, moi vestidiña de miliciana española con gorro e todo. A foto consérvase e publicouse. Parece que aquel día quedou determinado que a cativa chegase a ser de maior un muller galegocubana en todas as súas dimensións.
Una segunda fase da súa emigración levou a Anisia e aos seus país a Buenos Aires, onde ela descubriu que o galego era unha lingua perseguida despois da lectura dun famoso artigo de Francisco Luis Bernárdez. En Buenos Aires a moza é xa unha xornalista e unha pedagoga que se achega ás Mocedades Galeguistas e que colabora con Xosé Neira Vilas na organización do Congreso da Emigración promovido polo Consello de Galiza en 1956. Naturalmente, Anisia Miranda estaba destinada a casar con Neira, e viceversa; e tal cousa ocorreu. Ambos levaron adiante a inesquencíbel empresa "Follas Novas", difusora do libro galego no Río da Plata e moito máis ca iso. Ambos deciden establecerse en Cuba para participar como revolucionarios na construcción do socialismo.
Pasaron moitos anos, e Anisia perseverou en Cuba nun labor constante como editora, ensaista, autora de libros infantís e xuvenís, en canto seu home conciliaba a súa misión na administración revolucionaria cun constante servicio de documentación e información que desde Habana el remitía aos puntos máis quentes da nosa resistencia. Logo o matrimonio formado por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas regresou definitivamente a Galicia, para crear na terra del Gres, un centro de animación cultural e unha fundación que desprega grande actividade.
En Buenos Aires, na Habana, en Gres Neira Vilas foise consolidando como un grande escritor contemporáneo en galego e Anisia Miranda nunca foi só unha acompañante súa. Ela soubo manter a propia identidade literaria e a forma dunha personalidade inconfundíbel, por moito que, ideolóxica e afectivamente, os membros deste biarcado se sentisen solidificados entre si.
Cháganos a noticia da norte de Anisia Miranda, ocorrida en Gres. As cinsas desta filla da diáspora e da emigración galega ficarán por sempre na Terra dos antepasados, que ela escolleu para vivir o derradeiro treito da súa biografía de intelectual orgánica e de muller traballadora. Fumos amigos e admiradores de Anisia Miranda e agora laiámonos do seu pasamento. Xa máis nunca nos veremos.

COMPARTIR
 
  Encuestas de actualidad
¿Le parece adecuado los sueldos que reciben algunos responsables de la Universidad de Vigo?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
12%
No 88%
 
Ver más encuestas »
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas