farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Campo de Granada

A polémica da gratuidade do libro de texto

Manuel Bragado

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O comezo do curso nos centros de Educación Infantil e Primaria apupa a polémica sobre a gratuidade dos libros de texto nos niveis educativos non universitarios. Coa mudanza de goberno e tras seis anos de conflito co sector profesional do libro sobre o modelo de gratuidade mediante préstamo, este curso 2009/2010 implántase un modelo mixto no que durante tres cursos convivirán as axudas directas ás familias en función do nivel de renda (para o 1º e 3º ciclos da Primaria) e a reutilización dos libros (para o 2º ciclo da Primaria e para os catro niveis da Secundaria Obrigatoria).
Deste xeito, a Xunta de Galicia pon en marcha un dos compromisos electorais do PPdeG nos eidos cultural e educativo, o da mudanza da modalidade de préstamo e a súa “substitución por un sistema de axudas directas mediante cheque libro”, presentado como “gratuidade solidaria” e xustificado polo seu “carácter máis xusto e redistributivo en tempos de crise”. Pola súa banda, os membros do anterior Goberno Bipartito consideran esta medida como un ataque á educación pública, salientando a necesidade de manter a “gratuidade universal dos libros de textos” como un dereito consolidado, ao tempo que se xustifica o sistema de reutilización de libros durante catro anos como a máis “solidaria, ecolóxica e económica”.Con este modelo mixto, de axudas directas en catro cursos e de préstamo nos seis restantes, o actual Goberno Galego inicia un proceso que ao longo da lexislatura debería levar á implantación dun sistema de cheque libro na totalidade dos niveis que obrigase a adquisición dos libros en propiedade por parte do alumnado. Un modelo que, sendo dotado con orzamentos anuais semellantes aos que se viñan empregando no sistema de préstamo (téñense chegado a destinar máis de vinte e cinco millóns de euros no curso 2007/2008), abranguería á maioría do alumnado, quedando fóra só aquelas familias cos recursos máis elevados.
Máis alá da lexítima confrontación entre as vantaxes e os inconvenientes de cada un dos modelos (un debate que se mantivo aberto ao longo da pasada lexislatura pola insistencia meduliana do sector profesional do libro e ao que foi escasamente permeable o Goberno Bipartito), esta chamada “gratuidade solidaria” é considerada pola Xunta como a cerna da súas políticas educativas nestes días da volta ao cole. Velaí a enorme insistencia publicitaria da Consellaría de Educación lanzando esa custosa campaña nos medios (190.000 euros, en “tempos de austeridade”) que agacha a evidente insuficiencia da dotación económica do programa para este curso (apenas sete millóns de euros), o que, a pesar do publicitado, levará a deixar fóra das axudas a máis da metade do alumnado previsto. Outrosí sucede co propio sistema de solicitude e xestión das axudas que non quedan vencelladas á compra dos libros, o que contradí o espírito do “cheque libro” proposto no programa electoral dos populares. Semella que desta volta o problema non está tanto no modelo escollido pola Xunta –para min na liña progresista correcta de que en tempos de escaseza cómpre apostar polas políticas redistributivas– como na súa dotación orzamentaria insuficiente e no seu sistema de xestión e garantía. Dúas cuestións que deben ser reconsideradas o vindeiro curso.
No entanto, como sucede coa ensinanza do inglés e a dotación de ordenadores nas aulas, os outros dous reclamos marqueteiros que os políticos utilizan para amosar o seu “interese pola educación”, a cuestión do modelo de gratuidade dos materiais curriculares (os libros de texto están mudando inevitablemente cara os recursoso educativos dixitais) escollido forma parte dun debate moito máis amplo, o do futuro da escola pública e o da súa calidade. A dotación de profesorado suficiente para cada un dos centros, o apoio ao desenvolvemento e adaptación dos currículums a cada grupo de alumnado ou a dotación de servizos complementarios de comedor ou atención temperá son outros temas que merecerían idéntico interese ao da gratuidade dos libros.
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
92%
No 8%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
53%
No 47%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas