farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior    
segunda feira

Urteaga e Von Trier

X.L. Méndez Ferrín

 20:17  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Na película Anticristo de Lars von Trier vemos en primeiro plano como alguén corta un clítore con tixeiras. Estou convencido de que esta é a primeira vez que tal cousa sae no cine narrativo. En todo caso, aos espectadores o acción prodúcenos horror. Ai saír do cine, vexo un xornal atrasado coa noticia e comentario necrolóxico da morte de Jesús Urteaga.
Cando eu era adolescente en ningún lugar do planeta ninguén podería ver unha película tan violenta coma Anticristo. En España, especialmente, unha censura rigurosísima se exercía desde o Estado sobre a cinematografía indíxena e de importación. Estaba prohibida a violencia extrema, por suposto, pro sobre todo o relacionado co erotismo, o dogma (co católico, non co de Von Trier) e a política anti-fascista.
Como a ideoloxía oficial do Estado franquista era a nacionalcatólica, o clero era o principal axente censor en todos as ramos da cultura e especialmente no cinema. Alén da clasificación oficial da película en toleradas ou non a menores, había outra censura á que se sometía os católicos de forma voluntaria. Era a que promovía Acción Católica, e que se anunciaba nas portas dos templos. Aínda o clero facía campañas contra determinados filmes que, mesmamente aprobados pola censura, eran legalmente proxectados para o público adulto. Eu podo lembrar predicacións en misa de doce en Santa Eufemia de Ourense (rexida por un grupo de xesuítas tridentinos e fanáticos) nas que se condenaban películas tituladas La Madona de las siete lunas ou Gilda.
As persoas da miña idade e da miña formación académica tiveron que estudar obrigatoria relixión católica na escola e no bacharelato durante sete cursos, aos cales se sumaban outros dous máis na Universidade. Neste marco asfixiante, as persoas da miña idade medraron e fixéronse homes e mulleres. A censura católica exercíase, alén de no cine, no teatro e espectáculos, na radio, na prensa, no tebeo ou banda deseñada, nos libros, na radio. E aí cando aparece na miña vida Jesús de Urteaga.
Camiñabamos moitos, mediante estudo e reflexión, cara o abandono da fe a asunción da libertade de pensamento que nos abría ao materialismo. E veleiquí que un meu parente, alumno de Comillas e que procuraba novas formas de relixiosidade, me mete un libro na man.
Titulábase El valor divino de lo humano e o seu autor era Jesús de Urteaga. Pareceume unha obra leda, efectista desenfadada, algo superficial. Eu no sabía que o seu autor pertencía ao Opus Deis nin mesmo tiña interese en saber de tal organización pois aínda os de Escrivá non foran chamados por Franco para participaren no seu goberno.
Lembro moi ben a diatriba caricaturesca que Urteaga dirixía naquel libro aos que el chamaba "beatos" e "beatas". Pedía unha fe activa e compatíbel coa sociedade real que se axustaba á vella doutrina da "graza de estado" e que andando o tempo eu detectaría como moi aprezada polo Opus. En realidade, coido que o libro era unha boa peza propagandística e que caía moi ben no clima de patetismo pentecostal que nos primeiros anos cincuenta difundían os Cursiños de Cristiandade, sen ir Urteaga por tales vieiros. O que ocorre é que a min e a outros xa non puido atinxirnos. Estabamos a asumir o ateísmo con naturalidade e xa non podiamos integrarnos no círculo de lectores do crego opusdeista. O noso mundo estaría para sempre fora do reino que anunciaba Urteaga. Descanse el en paz nos palacios fríos da nada.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009