farodevigo.es » Opinión
    Noticia siguiente 
Os camiños da vida

X.L. Méndez Ferrín

Anxel Vence

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Durante o franquismo o código penal era explícito: constituía delito o feito de os funcionarios recibiren agasallos, regalos ou retribucións de particulares en razón do seu cargo. Ententendíase como funcionarios os propiamente ditos ou sexa empregados do estado e das administración públicas e tamén a totalidade dos cargos políticos. Este delito recibía o nome de "cohecho".
Deuse un caso famoso no que o "cohecho" foi perseguido pola xustiza. Era alcalde de Vigo Rafael J. Portanet quen ordenou de substituir a compañía de travanvías polas VITRASA de autobuses. Na operación estaba apoiado nas alturas polo moi poderoso xeneral Alonso Vega, con intereses económicos nos autobuses. Opúxose á alcaldada dun grupo de concelleiros rebeldes e dirixidos de xeito lúcido e implacábel polo xurista Arturo Estévez Fillo.
Houbo investigación da fiscalía (Conde Pumpido Pai) e parece ser que se descubriu que os concelleiros pro-Portanet recibiran un regalo de VITRASA. Este consistía nun reloxio de pulseira para as súas esposas. A cousa de tal regalo eu vin cos meus propios ollos como entraban presos na cadea de Príncipe o primiero tenente de alcalde e o grupo de concellais franquistas afectos a Portanet. Como escribo de memoria e a memoria é moi inconstante e insegura, non me atrevería a describir eiquí o desenlace do asunto penal. O que si que sei é que Portanet non foi procesado (era "procurador en Cortes" e "consejero nacional del Movimiento"). Finalmente, a compañía de tranvías, de capital galego e vigués, foi expulsada de Vigo e o transporte municipal foille concedido á empresa de Oviedo que hoxe o explota e ve, convocatoria tras convocatoria, renovado o seu monopolio in aeternum. Nós a isto decimoslle colonización.
Naquel tempo todos soubemos que era constitutivo de delicto o feito de que os funcionarios e políticos recibisen regalos, aínda que fosen mínimos. E tamén as xentes de ben foron conscientes de que, desde o punto de vista ético, a tal era unha práctica indecente. Á vista do que leo na prensa a propósito do ´caso Gürtel´ penso que se cadra o actual código penal español permita que os funcionarios e políticos reciban sen sairse da lei agasallos dos seus agradecidos administrados. Non sei. Do que si que estou seguro é de que a práctica do "cohecho" é moralmente desprezábel. Por iso, cando Rita Barberá ou Mariano Rajoy defenden e apoian a conducta dun seu correlixionario que aceptou regalos en función do seu cargo están a se retratar de corpo enteiro. E estamos a falar de traxes feitos a medida.
No Museo Nacional de Dublín hai unha sala na que se exhiben os agasallos de Estado que recibiu o presidente De Valera, propiedade da República. Entre eles figura un torques galaico de ouro (feito por Malde) que Franco lle regalou ao patriota irlandés en ocasión dunha visita oficial. En que vitrina pública de España se exhiben os regalos de Estado recibidos por Franco? Así é a moral católica da dereita española: De Franco a Portanet, de Portanet a Rajoy e a Camps. Nada que ver con Angela Merkel e coa ética protestante que nos explicara Max Weber, tan ben.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009