|
|
|
HEMEROTECA » |
|
A organización coñecida como ACTA (Autores ciencurpara a promoción de xovens escritores en materia –entendo eu- do que ants se chamaban ciencias aplicadas e alta divulgación. A este concurso poden participar equipos de alumnos de centro educacitivos de todo o territorio español (Ensino Secundario e Formaciuón Profisional). Concédense tres premios.
Este ano, o primeiro premio de ACTA foi conquerido por un equipo de alumnos de primeiro premio de Bacharelatos do Instituto Santa Irene, decano dos de Vigo. Eles son Suso Conde Lago, Javier Blanco Cordero e Marta Piñeiro Lago. O grupo de traballo estivo dirixido por M.ª José Parada Santoro, a súa profesora deCiencias do Mundo Contemporáneo.
O éxito destes rapaces prodúcese ledicia mais non sorpresa. Eu fun profesor do Santa Irene durante a case totalidade da miña vida laboral e sigo considerando este centro como o meu Instituto. Por outra banda, é (felizmente) usual que alumnos das Travesas, orientados por profesores excelentes, acaden os máis altos galardóns, por exemplo, nas olimpiadas matemáticas ou de ciencias naturais ou de física. O grupo de teatro Spasmo pode causar pasmo e o Santa Irene foi sempre una Pedreira da que saiu moi bon material para seguir ampliando a csa das latras galegas contemporáneas. Outros Instituros de Vigo e de Galicia demostran, ana tras ano en certames coma este, que o sistema educativo florece neste País e que as últimas xeracións son, posiblemente, as mellor educadas e instruídas da Historia de Galicia.
O que nos leva ao idioma.
O rapaces vencedores recibiron a súa formación científica en galego, como mandan as normas que Núñez Feijóo quer abolir. Son intelixentes persoas que dominan a expresión en galego, o que non foi obstáculo para que a súa exposición perante o tribunal científico de ACTA se producese nun castelán tan perfecto, tan preciso, e tamén elegante, que chamou a atención dos xuíces, o que contribuiu como mérito para a concesión das células nai en xeral e da súa aplicación iPS e a frontera conceptual sitúase no sitio no que a investigación de avangarda avanzada contra as sombras do descoñecido.
Hai poucos semanas declarada o presidente da Confederación de País de Colexios Concertados (Congapa) José Ramón Hermida: "Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder". O premio ACTA para os alumnos do Santa Irene, que é un Instituto público onde a cinencia fala o idioma galego, fai evidente que o que pensa a Congapa e Núnez Feijóo constitúa una perversidade ideolóxica na que se detecta o estigma do odio á nosa herdanza e a ignorancia triste das comunidades vencidas.
|
|
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||