OS CAMIÑOS DA VIDA

A lingua de Deus

X. L. Méndez Ferrín

 23:04  

Anda por territorios do BNG a crenza de que o Islam é una doutrina que expresa o nacionalismo de certos pobos orientais e africanos no noso tempo. Nada máis falso que esta ideoloxía supletoria do internacionalismo verdadeiro.

No pasado, Mahoma e os seus descendentes foron uns déspotas militaristas que chegaron até Galicia e que mais ou menos por aquí pararon a súa expansión. Por onde pasaron, impuxeron polas armas a lingua árabe e a súa relixión. No Norte de África, só en condicións precarias sobrevive nos nosos días a lingua bérbere autóctona.

É verdade que o Islam é una relixión universal e non étnica. Os musulmáns non son racistas. Se non ao xudaísmo, eu podo converterme á fe de Mahoma se Deus movera o meu corazón igual que moveu o de Roger Garaudy. Eu e Vostede, lector ou lectora, seriamos ben recibidos no Islam. Naturalmente na relixión de Moisés non tería sitio eu nin ninguén que non fose de raza hebrea porque o Deus dos xudeos elixiu este como pobo superior aos restantes pobos.

Centos de linguas e de culturas desapareceron fagocitadas (lean I. J. Calvet) pola lingua e a cultura árabe dos invasores: entre elas as linguas romances da metade Sul da Península. Por isto último, e mercé á reconquista, a metade Sul de Hispania fala portugués (do galego), dialectos andaluces e meridionais (do castelán) e valenciano e balear (do catalán). O Islam borrou os dialectos latinos ou mozárabes do Sul. A Reconquista impuxo, tamén pola forza das armas, as linguas do Norte a expensas do árabe. Eis una historia sintética das actuais linguas ibéricas descontando a astur-leonesa, a aragonesa e a euskera, por razóns obviamente distinta.

Na actualidade, o árabe, mediante a relixión, perturba a lingua de Irán (indoeuropea) á que encheu de arabismos e impúxo o seu alfabeto. Cada día, o muecín recita os versículos do Corán en árabe para pobo iraniano ouvir. Millóns de meniños do mundo enteiro e de linguas tan diversas como as malaias e as de China occidental son indoctrinados no árabe coránico. No citado Irán non se estuda a Omar Khayyan, por heterodoxo e bebedor de viño, e a historia deles comeza coa islamización e ignora Persia. Os meus amigos tuarejhs, só superficialmente islamizados, están hoxe sendo sometidos a unha arabización orixinada nos petrodolares wahabíes procedentes de Arabia Saudita. O Islam recoñece a existencia de todas as linguas e nacións do mundo. Pro a só a lingua árabe é a lingua de Deus. Co que xorde á luz, se ben reparamos, unha diclosia que procede da cega e brutal alienación relixiosa. Os bérberes de Kabilya alxerina decapitados por falaren a súa lingua e seren mahometanos tépedos son a imaxe do martirio das nacións a mans do islamismo.

Sabían moi ben o Bass e Nasser e o socialismo e o nacionalismo árabe o que facían ao proclamar a liberdade de cultos e o laicismo. E sabían moi ben os EEUU o que facían armando os fanáticos de Afghanistan contra o seu goberno nacional-popular e prosoviético, no que as ministras non levaban panos na cabeza. O que acontece é que, por veces, aos que disparan lles saen os tiros pola culata.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya