Na medida en que as persoas con autismo constitúen unha cuestión de suma importancia, tanto nos dominios da educación como da saúde, en todo o mundo, as Nacións Unidas declaran que o Día 2 de abril se conmemore unha Xornada Mundial de Sensibilización e Concienciación sobre o Autismo.

Este Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento ou Trastorno Autista que como é ben coñecido, perdura ao longo de toda a vida, afecta o desenvolvemento do cerebro. Os síntomas recoñécense desde a súa infancia e caracterízanse por: fracaso das relacións sociais, centros de intres limitados e comportamentos repetitivos.

En 2009, a ciencia demostrou a preponderancia de factores xenéticos, médicos e neurolóxicos no desenvolvemento dos trastornos autistas e, deste feito, rexeita as antigas crenzas que facía responsables as súas familias.

O “trastorno autista” que afecta o 0,6% da poboación, en Europa (incluídos tódolos membros do Consello de Europa) contaría aproximadamente con 5 millóns de persoas con Autismo.

Seis de cada mil menores de 10 anos teñen afectadas as súas capacidades de comunicación, relación e imaxinación, sen que, polo momento, se coñezan as súas causas. En Galicia 1.345 nenos (dunha poboación de 224.292 nenos menores de 10 anos) poderían estar afectados e 4.544 persoas padecerían este trastorno, cifra que podería verse aumentada polos estudios epidemiolóxicos realizados estes últimos anos que chegan a falar de 1 caso de Autismo por cada 200 individuos. Este dato sumamente alarmante esta relacionado coas novas posibilidades, métodos e sistemas dos servicios de diagnostico.

Unha persoa con autismo ten naturalmente o mesmo valor que calquera outra persoa e polo tanto debe dispoñer dos mesmos dereitos. As persoas con autismo deben particularmente beneficiarse dos mesmos dereitos que os que están recoñecidos e defendidos por todas aquelas persoas en situación de Discapacidade.

O respecto a Convención das Nacións Unidas polos seus Estados membros permitiran as persoas con Autismo beneficiarse de toda unha serie de directrices tales como:

1)Respecto a dignidade, autonomía individual, liberdade de facer a súa propia elección e a súa propia independencia; 2) Dereito a non discriminación; 3) Participación e integración plenas e efectivas na sociedade; 4) Respecto a diferencia e aceptación da persoa con Discapacidade como parte da diversidade humana e da humanidade; 5) Igualdade de oportunidades; 6) Dereito os coidados de saúde. A “atención médica” para as denominadas actualmente persoas con “trastornos do espectro autista” é unha das principais necesidades dos afectados por esta síndrome e, loxicamente, unha das prioridades das familias son os equipos sanitarios e coidadores; 7) Dereito a educación mais adaptada; 8) Programas de rehabilitación adaptados ao longo de toda a vida, incluída a educación; 9) Reforzar a formación dos profesionais que se dedican ao coidado deste colectivo en estreita colaboración cas familias ; y 10) Contemplar contornos que faciliten a comunicación e se adapten os problemas de comportamento destas persoas.

Os obxectivos de Autismo Europa asumidos plenamente por Autismo Galicia, tratan de significar o respecto da dignidade e dos dereitos das persoas con Autismo.

O Día 2 de abril de 2008 Autismo Galicia, e a nivel sanitario, simbolizou esta data coa publicación dun Protocolo Sanitario para Pacientes con Autismo, que en colaboración coa Consellería de Sanidade, contempla a necesidade de sensibilizar e reclamar das autoridades sanitarias, educativas e sociais a importancia deste protocolo.

Con pautas ás veces simples, e cun nivel de información previo da problemática e o contorno do Autismo poderanse evitar situacións de angustia e conflicto, ao mesmo tempo que se reduciran custos.

Paralelamente a este “protocolo sanitario para persoas con Autismo”, Autismo Galicia está a traballar neste ano 2009 na creación dun “carné”, unificado e recoñecido oficialmente, para todas as persoas con Autismo de Galicia, para a súa identificación en determinadas situacións nas que poden atopar dificultades de comunicación.

Este carné estaría deseñado para comunicarlles as persoas coas que as persoas con autismo teñen algún tipo de relación a súa condición.