Coincidencia cos outros

X.L. Méndez Ferrín

 

Onte púxenme (de mañá, qué medo) a arrevoar por cima dos diarios por mirar como respira a contemporaneidade. A atención sobre os sucesos en Grecia, de actualidade punxente, fíxome reparar nunha columna de Franco Grande. Entendo que as protestas contra o sistema nas que insisten os xovens de Grecia é algo que resulta da crise do capitalismo e non é unha especificidade daquel país aínda que as viravoltas imprevisibeis dos acontecementos fixesen estalar alí primeiro o obús rachador. Estiven moi dacordo coa interpretación que dos sucesos facía este poeta de Tebra en función de comentarista sociopolítico. Naturalmente que é posíbel que os sucesos de Grecia se reproduzan e se intensifiquen noutros países da Europa triste e plutocrática que a UE goberna a golpe de directivas emitidas polo sistema do ukasse e sen lexitimidade democrática. Logo de coincidir con Franco Grande tiven a satisfacción de facer o mesmo cos contidos dun artigo, tamén na prensa escrita, asinado por Isaac Díaz Pardo.
Comentaba don Isaac o interese que está a suscitar neste noso tempo a figura de Stalin. Poucos xuízos máis terminantes, inapelábeis, apodícticos, dogmáticos que os xuízos que dicta o pensamento hexemónico, en todas as súas versións e subcategorías, sobre a figura de Stalin. Todos e desde todos os ángulos ideolóxicos coinciden en acusar Stalin de crimes horrorosos e de esquencer que España tivo no seu partido e na Komintern o mellor amigo nos días da Guerra Civil (se é que en España houbo unha "guerra civil") e de que as victorias militares e os esforzos heroicos da URSS foron os que derrotaron os exércitos nazifeixista de Alemaña e dos seus múltiples aliados europeos. Agora penso no xuízo que a Mao lle merecía Stalin e celebro que Isaac Díaz Pardo sexa capaz de decir en voz alto as palabras prohibidas a respecto do dirixente soviético. Se, como pensa Díaz Pardo, a curiosidade por Stalin e o interese pola súa figura seguen a aumentar, se cadra son xa tempos de que algúns nacionalistas lean os seus escritos sobre a cuestión nacional e algúns filólogos descubran os seus textos sobre teoría da linguaxe aplicada á política lingüística.
En cando á madre María de las Maravillas de Jesús Pidal y Chico de Guzmán, vostedes serán sabedores de que Bono (coido que membro da corrente pro-Opus do PSOE) lle quería pór unha lápida no Palacio da Carrera de San Jerónimo. Sempre crin que esta monxa, de nome e apelidos dignos de figurar en La Corte de los Milagros, era a directora dunha importante fracción que, dentro da súa relixión ou orde, se resistiu a adoptar as reformas derivadas do Concilio Vaticano II e que viu en Xohán XXIII (así escribíamos nós o nome daquel bispo de Roma) algo así coma a encarnación do Anticristo apocalíptico. Dentro do que Machado chamaba "el macizo de la Raza", expresión da que gostaba vastamente Ridruejo, esta filla de Santa Teresa constitúia todo un prototipo: Madrid, aristocracia de orixe no Norte, catolicismo, monarquía, franquismo, incultura profunda. Estas miñas percepcións, recollidas de informacións de segunda man dispersa coma pole polo ar das conversas e das lecturas imprecisas, fóronme confirmadas por un artigo publicado na prensa estes días e lido por min con fruición. O autor de tal artigo de fondo sobre a Madre Maravillas é Hilari Balaguer, monxe ("frade", diría Sarmiento) dos bieitos catalanistas e antifranquistas de Montserrat e historiador do catolicismo en terras da España contemporánea.
Foi un grande pracer estar de acordó, pois, con Franco Grande, con Isaac Díaz Pardo e con Frei Hilari Balaguer.

 

Galicia

El apoyo al "procés" rompe por segunda vez en un mes la unidad de En Marea

El apoyo al "procés" rompe por segunda vez en un mes la unidad de En Marea

Tres nacionalistas y una independiente se ausentan para no secundar la abstención a la condena del...

Feijóo, al BNG: "Hay dos bandos, asesinos maltratadores y víctimas, ¿de qué lado está?"

Feijóo, al BNG: "Hay dos bandos, asesinos maltratadores y víctimas, ¿de qué lado está?"

El presidente de la Xunta censura que se patrimonialice el apoyo a las mujeres -Pontón presenta un...

Aumentan las quejas de profesores por insultos y amenazas de padres de alumnos

Aumentan las quejas de profesores por insultos y amenazas de padres de alumnos

Dos de cada diez docentes que recurren al defensor del gremio denuncian acoso por parte de...

Galicia se convierte en la sexta región con más restaurantes con estrella Michelin

Galicia se convierte en la sexta región con más restaurantes con estrella Michelin

La comunidad pierde una distinción y se queda con 12 al cambiar Silabario, de Tui, de proyecto

Prohibido cazar durante tres años en las zonas afectadas por los incendios

Prohibido cazar durante tres años en las zonas afectadas por los incendios

La plataforma Justicia y Defensa Animal hace un llamamiento a denunciar el incumplimiento del veto

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya