Os outros Dereitos Humanos

 

XOSÉ MANUEL PEREIRO

Esta semana celebrouse unha destas conmemoracións importantes que tanto alegran ós responsables de magazines e reportaxes pensados con tempo. O 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas, dos dereitos humanos, dito sexa co mesmo aforro sintáctico co que os taxistas da Coruña chaman "los derechos de la mujer" ó primeiro Centro de Información e Asesoramento da Muller que se creou na cidade.

As conmemoracións consistiron esencialmente en lamentar que non se cumpran, que non está vixente case ningún en moitos sitios e algún en determinados lugares, e que a ver se melloramos. Mesmo escoitei unha enquisa desas sen máis valor sociolóxico que o criterio do que pasea o micrófono, na que se lle botaba a culpa a tercias do seu incumprimento á política, á economía e a nós mesmos (así, en xeral). Analizando sen embargo os dereitos, que non pasan de 30, o que máis chama a atención é o optimismo que destilan. O raro sería que se cumpriran. Soamente poñéndonos na época podemos entender que se aprobara na ONU, sen voto en contra ningún, unha resolución semellante. Hoxe de seguro que non saía adiante. Pero era 1948, en plena resaca dunha guerra espantosa, na que mesmo os que tiñan a razón moral e venceron (non precisamente por tela) cometeran tamén crimes espantosos. Unicamente nese estado de expiación colectiva se entende que houbera práctica unanimidade á hora de facer ese preámbulo tan bonito: "A liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana", e ese artigo 1º: "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros". Emocionante, non?

A min mesmo me parecen admirables outros menos citados e menos coñecidos, como o 20º.2: "Ninguén poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación" (nin a ser presidente dunha comunidade de veciños, debería engadir) e o 24º: "Toda persoa ten dereito ó descanso, ó gozo do tempo libre, a unha limitación razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagadas" (que non sei como casará con esa directiva europea que establece o límite nas 65 horas semanais de traballo). Como texto declarativo, o dos dereitos humanos é tan contundente que mesmo os que non son quen de subscribilos os axeitan, e así hai dúas ou tres declaración de Dereitos Fundamentais Islámicos, que son unha adaptación limando aquí e alá, nunca mellor dito.

Sen embargo, metidos en fariña utópica, eu pediría que se lle engadiran algúns artigos que me parecen esenciais na actualidade. Por exemplo, o dereito a que os poderes públicos e os representantes políticos non te tomen por parvo, e de ser posible, que teñan sentido do ridículo e eviten, por exemplo, uns esixir para o voto emigrante a transparencia que non implantaron cando puideron, e outros negala agora cando antes denunciaban que non existía. De todas formas, de pedir un dereito concreto, aquí e agora, solicitaría o de que as institucións e os medios ó seu servizo non te obriguen a ser partícipe de loitas localistas e pailanas, sobre quen ten -a cidade, a área metropolitana- máis grande. Que estas cousas xa se sabe como empezan, e peor aínda, tamén como acaban.

 

Galicia

Un helicóptero pierde su carga tras chocar contra un monte cerca de Santiago

Un helicóptero pierde su carga tras chocar contra un monte cerca de Santiago

Un helicóptero que realizaba prospecciones geológicas cerca de Santiago...

Regades parte como favorito para liderar el PSOE de Pontevedra tras superar en avales a Reguera

Regades parte como favorito para liderar el PSOE de Pontevedra tras superar en avales a Reguera

El candidato respaldado por la agrupación de Vigo consiguió 1.300 frente a los 900 del apoyado por...

Las obras del interior de la catedral de Santiago obligarán a limitar el culto los dos próximos años

Las obras del interior de la catedral de Santiago obligarán a limitar el culto los dos próximos años

-La Misa del Peregrino se mantendrá a la tarde y fin de semana -La fachada del Obradoiro lucirá...

Centenares de estudiantes se manifiestan y Educación tilda la huelga de "antigua"

Centenares de estudiantes se manifiestan y Educación tilda la huelga de "antigua"

El alumnado pide la derogación de la Lomce y la creación de una ley educativa gallega

Dudan de que reaparezca el busto de Fraga y atribuyen el robo a profesionales

Dudan de que reaparezca el busto de Fraga y atribuyen el robo a profesionales

El alcalde de Vilalba baraja elaborar una réplica de la estatua desaparecida ayer

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Mallorca | El Diari | Emporda | Faro de Vigo | Informacion | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Malaga | La Opinion de Murcia | La Opinion de Tenerife | La Opinion de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regio 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Loteria de Navidad | Oscars | Premios Goya