A lingua galega na xudicatura e nas forzas e corpos de seguridade

Xosé González Martínez, Secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística

 

Hai trinta anos promulgouse a Constitución española. Desde entón o desenvolvemento normativo foi incesante. Sen embargo, no que fai aos dereitos lingüísticos o Estado ten feito moi pouco por adecuar a súa Administración ao réxime da cooficialidade lingüística establecida polo artigo 3.2, que establece que "a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección".
Fóronse sucedendo os gobernos e adiándose as orientacións do Tribunal Constitucional sobre o alcance e consecuencias da cooficialidade lingüística para tódolos poderes públicos, que recoñecen o dereito dos cidadáns a usaren calquera das súas linguas perante calquera Administración da Comunidade respectiva con plena eficacia xurídica. Este dereito obriga a tódolos poderes públicos (estatais, autonómicos e locais) radicados na Comunidade a adaptaren os seus servizos a esa situación de bilingüismo, debendo esas administracións dotárense dos medios necesarios para a efectividade de tal dereito.
As forzas e corpos de seguridade e a xudicatura son dous exemplos que ilustran esa disfunción en cadanseu ámbito institucional. Aplicacións informáticas centralizadas que impiden o uso da lingua galega nos procedementos que se tramitan nas súas dependencias e a falta de regulación dos usos lingüísticos, tollen os dereitos fundamentais dos cidadáns que garante a Constitución española, e converten en papel mollado a "protección e respecto" que se pregoa das linguas distintas do castelán.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vén realizando unha actividade continuada neses dous ámbitos institucionais con propostas que se traduzan en iniciativas lexislativas que artellen un sistema normativo que regule o uso das linguas cooficiais nesas institucións, por unha banda, e, por outra, campañas de sensibilización que van mudando os hábitos e actitudes lingüísticas dos funcionarios públicos adscritos a elas.
Recentemente, coa Irmandade Xurídica Galega celebraron un encontro cos responsables de 15 zonas da Garda Civil, da Xefatura Superior de Policía de Galicia e da Unidade adscrita do C.N.de Policía á Xunta de Galicia, o Fiscal Superior de Galicia, un númeroso grupo de xuíces e fiscais, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Dirección Xeral de Xustiza e directivos da Escola Galega de Seguridade Pública. Resultado dos debates é a chamada "Declaración de Aciveiro", na que se recollen as demandas para axilizar o proceso normalización consonte co réxime de cooficialidade lingüística vixente.
Nas conclusións da xuntanza, sen prexuízo de recoñecer os notables avances rexistrados nos últimos anos en materia do uso do galego nos seus respectivos ámbitos de traballo así como da situación actual, considerouse preciso seguir avanzando nesta liña, deliberándose sobre unha serie de medidas conducentes á mellora desta situación: capacitación lingüística do persoal dos organismos representados, e presenza nos servizos de atención ao público da administración xudicial e policial de persoal abondo capacitado, debendo ser dito aspecto especialmente valorado nos plans de calidade ou avalación dos servizos. Estimouse relevante promover o uso da lingua galega nas intervencións públicas e comunicados de prensa. Asemade, os xuíces e maxistrados participantes, propoñen levar a cabo unha serie de experiencias piloto en distintos órganos xudiciais galegos nas que as relacións mutuas entre xulgados e policia se desenvolvan tamén en galego, imprescindibles para difundir a normalización lingüística.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya