EN DIRECTO

Casos húnicos

X. L. Méndez Ferrín

 

A tradición dos claustros universitarios europeos atribúelle a Sainte-Beuve aquela sentenza segundo a cal unha falta de ortografía ou de linguaxe normativa en xeral pode decir moito sobre a persoa que incorre nela. Certamente, unha destas faltas pode ilustrarnos sobre a pouca cultura do delincuente lingüístico pero tamén sobre a súa imaxinación, o seu sentido da historia, a súa pedantaría e pretenciosidade, e mesmo sobre as películas que ve e os programas de televisión que segue. Neste sentido hai casos verdadeiramente húnicos. Sobre estes ideáronse famosos chistes naqueles laboratorios centrais de "La Codorniz" que funcionaban no vermut das dúas e media en Perico Chicote. Por exemplo: "Era una niña tan tonta que creía que la repoblación forestal consiste en follar entre los árboles". Hai uns días lin un artigo hilarante de J.J. Moralejo no cal este lingüista glosaba o uso que do verbo "expiar" facían os redactores do máis prestixioso xornal de España, cuxo nome non escribiremos. A noticia viña decer que os familiares kenianos de Obama "expiaran" no seu honor unha vaca. Podía decer "sacrificar", ou mesmo "matar" se non mediaba intención xelixiosa, pro o xornalista escolleu "expiar" e ao seu dicector pareceulle ben a barbaridade. Menos mal que non puxeron "facer holocausto" porque, daquela, a barbaridade vestiríase coas galas de esperpento.
Dado que moitos de vostedes terán sentido falar dunha asociación pola Galicia "bilingüe" que continuamente está na prensa para decer mal do encino e uso xeneralizado do noso idioma, eu non lla vou aprensetar. Direi somentes que, nun breve comunicado, dita sociedade atacaba estes días a exposición itinerante "Quen sabe Galego Sabe Máis" da Universidade de Vigo. Segundo os activistas da lingua castelá a exposición contén informaciones "inveraces". Houbo un trasno de redacción que, nun xornal vigués, puso a seguir da palabra "inveraces" a palabra latina "sic" que exime ao medio de comunicación de delicto lingüístico e lle endosa a autoría deste ao emisor orixinal do texto. Segundo a nota, a exposición universitaria constitúe unha manipulación "vergonzante" da realidade lingüística de Galicia.
A diferencia que existe en castelán entre as palabras "vergonzante" e "vergonzoso" pode verse nun minuto ao consultar calquera diccionario. Dada a semellanza é frecuente a súa confusión. Normalmente, este mal uso de "vergonzante" no que cai a asociación españolista revela un coñecemento moi rudimentario do castelán. Non se sintan envergoñados os militantes da Galicia "bilingüe" porque todos podemos cometer faltas ortográficas ou gramaticais en calquera idioma normativizado. Por iso a actitude humilde e vixilante sobre a lingua que usamos debe prevalecer sempre e nesta materia todos somos eternos aprendices.
Naturalmente, a exposición itinerante "Europa é plurilingüe. Quen sabe galego sabe máis" é magnífica. Si señor: quen sabe galego sabe máis. E hai que ter moito coidado coa natureza das faltas gramaticais ou ortográficas nas que incorramos porque elas dan moita información sobre nós.
Os camiños da vida

Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya