A Suidade en Taibo

X.L. Méndez Ferrín

 

Naquel tempo as películas aínda terminaban coa palabra FIN (ou FINE ou THE END), os bistés e as robalizas non evoluíran ao estado de "filetes" e "lubinas" e os sexos dos humanos non foran definidos en termos de "xénero". As xentes de Vigo desprazábanse polas liñas do tranvía ideadas polo anarquista Ricardo Mella e o doutor Villamil teorizaba sobre a relación entre os sistemas cibernéticos e o sistema nervoso dos animais. Nos invernos húmidos e tépedos daquel tempo don Victoriano Taibo soía descer a Vigo desde Lavadores e, triste, viúvo, enloitado, daba grandes paseatas polos xardíns do Areal e as Avenidas. Nós adoitabamos encontrarnos con don Victoriano nas noitiñas dos domingos, notoriamente nas vacacións de Nadal.
-Manuel Antonio era un intransixente arredista?
Estas palabras de Victoriano Taibo eran pronunciadas en voz baixa, pois daquela había medo. Coido que eu ouvín por primeira vez na miña vida a palabra "arredismo" pronunciada por Victoriano Taibo. Todos os galeguistas e nacionalistas daquel tempo fuxían do "arredismo" ou sexa do separatismo. Hoxe os máis dos nacionalistas teñen medo do independentismo.
Victoriano Taibo (1885-1966) viviu o final da súa vida en Vigo e, en paseatas ou cafés no Derby ou no Alaska do Calvario, conectou con xente nova e soubo trasmitirlle o estilo e a paixón pola lingua que incendiara o seu corazón xuvenil nos días fundacionais das Irmandades da Fala. Taibo era, naquel tempo, un ancián apaixonado, sabio, discutidor, espléndido, que coñecía o idioma como ningún contemporáneo. No labor colectivo de chegarmos a conseguir unha lingua de ouro, Taibo ofrendoulle ao País as mellores leccións. Nas súas estancias e residencias en diversos lugares da xeografía galega foi escollendo os vocábulos, os matices estilísticos, as regras de uso, a fraseoloxía, con mimo e coidado que facían del un verdadeiro xardineiro da lingua. Naquel tempo (aos cincuenta) Victoriano Taibo preparou e diu á luz nos prelos de Gráficas Númen, algunha de cuxas máquinas viñera de La Zarpa de Basilio Álvarez, un libro que eu nunca cesei de recomendar. Falo dos relatos de Da agra aberta que van acompañados dun vocabulario e precedidos dun prólogo maxistral. En boa medida, o galego culto do noso tempo áchase alicerzado por Victoriano Taibo nesta obra exemplar. Por parte, el foi un poeta cabal, aberto ás novidades do seu tempo pro afincado na tradición máis ancestral das coplas e as triadas ("barcalesas") da lírica tradicional da nación oral. Manuel Antonio, moito máis novo ca el, sinaloulle a ruta, non só do independentismo, senón tamén da innovación radical, e el mesmamente se esforzou nese sentido. Os portugueses, digamos que Teixeira de Pascoais, aconsellaronlle o panteísmo e os vieiros da Saudade. El dicía sempre a pabra Suidade, que tan ben asobía non lonxe das Soidás en plural preferidas por Rosalía de Castro.
Victoriano Taibo foi dos nacionalistas da primeira hora que pedían a posta en vigor das parroquias administrativas e dos galeguistas da segunda, coma Castelao, que preconizaban o mesmo. Estes días Taibo está a recibir unha homenaxe do Instituto de Estudos Miñoranos en Morgadáns, que é unha "entidade local menor" do concello de Gondomar. Mercé á propaganda e a teimosía dos nacionalistas de primeira e galeguistas de segunda hora, algunhas fraguesías galegas (cóntanse cos dedos das mans) coma Morgadáns acadaron persoalidade administrativa. O nacionalismo maioritario esquenceu a reivindicación parroquial pro Morgadáns (e as súas poucas compañeiras) están aí como denuncia viva dos programas históricos traizoados. Que Taibo reciba homenaxe en Morgadáns é un acontecemento carregado de simbolismo histórico: é preciso agradecerllo ao IEM.
os camiños da vida

 

Galicia

El sector forestal urge a retirar la madera quemada cuanto antes para evitar la caída de precios

El sector forestal urge a retirar la madera quemada cuanto antes para evitar la caída de precios

Advierte de que no se acabará con los incendios mientras perviva el minifundismo - Aboga por...

La Xunta prioriza la recuperación de un tercio de las hectáreas quemadas

La Xunta prioriza la recuperación de un tercio de las hectáreas quemadas

Los trabajos comienzan esta semana en las zonas de 35 incendios -Los bancos marisqueros se...

La solidaridad salva a Pesqueiras

La solidaridad salva a Pesqueiras

Decenas de personas, en su mayoría jóvenes, acudieron a extinguir el fuego en esta parroquia de...

Un incendio se reproduce en Nigrán una semana después y alerta a los vecinos

Un incendio se reproduce en Nigrán una semana después y alerta a los vecinos

El fuego se produjo en una zona quemada de la parroquia de Parada y fue extinguido

A más deberes, peor rendimiento

A más deberes, peor rendimiento

Un estudio financiado por la Xunta concluye que el tiempo dedicado a esa tarea no determina el...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine