farodevigo.es » Opinión
    Noticia siguiente 

No Día de Defuntos,unha tarefa común

XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ

 02:21  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Non ha tardar, porque a celebración do día dos defuntos está a caer. Daquela volverán os mestres a organizaren o "Halloween", unha celebración estraña a nós.Unha tradición allea que foi entrando nas aulas das escolas da man de mestres que demostran ningunha querencia pola nosa cultura tradicional.
Máis lles valera ter lido aos nosos etnógrafos da talla de don Xesús Taboada Chivite, antes que inculcarlles aos rapaces costumes alleos. Poderíanse informar do sentido que tivo na nosa cultura a celebración do Día de Defuntos,e de paso divulgaren nas aulas o inmenso legado do etnógrafo verinense,agora que se cumpre o primeiro centenario do seu acemento.
Recoméndolles que lean, por exemplo, a súa "Etnografía galega". O Día de Defuntos foi sempre un día de reflexión.
As xentes da cidades, como é costume, programan a viaxe á aldea, para reencontrarense co resto dos familiares e, deste xeito, visitaren o cemiterio. Unha visita, por certo, que nos permite constatar algo evidente:só 1 de cada 1.000 lápidas está escrita en lingua galega. Un contrasentido, porque mentres o defundo habitou a parroquia dos vivos falaba unicamente en galego, e cando se incorpora á "parroquia dos mortos", fáiselle falar para sempre en castelán.
Esta evidencia aínda non foi analizada polos milleiros de cidadáns galegos que desde hai moitos anos fan parte das moitas convocatorias de manifestacións e actos reivindicativos arredor da identidade galega que se celebran ao longo do ano.Boten contas e verán como os resultados cadran desta maneira: en Galicia hai un desleixo total coa memoria lingüística dos nosos defuntos. Pregoamos a defensa da nosa lingua na parroquia dos vivos,mesmo con acendida paixón, pero soterramos aos nosos en idioma distinto.
Os cemiterios son espellos que distorsionan a nosa realidade cultural. O 99% das lápidas dos cemiterios están escritas maioritariamente en castelán, e só o 1,5% das esquelas que publican os xornais están en galego.Velaí o paradoxo: os familiares do defunto convocan aos veciños ao sepelio nun idioma distinto do habitual entre eles.¿Qué acontece logo? O que xa todos deberiamos saber e que a sociolingüística demostrou hai tempo: a normalización lingüística na súa ampla estensión aínda non foi asumida mesmo por aqueles que din defendela.Non é doado comprendelo,pero xusto é recoñecelo. O espello non minte.
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia vén facendo propostas normalizadoras para tódolos ámbitos.E unha dela é a dos actos relacionados coa morte.
Desde hai anos vimos teimando na necesidade de convocar aos galegos e ás súas institucións a facer unha reflexión sobre a necesidades de mudarmos actitudes, que por activa ou por pasiva, resultan prexudiciais para a nosa cultura.Un pobo desmemoriado é un pobo sen personalidade. Un pobo que no intre da morte agocha o seu idioma renega da súa memoria.
Partidos políticos, sindicatos, asociacións veciñais?con sensibilidade pola nosa cultura, deberían instar aos seus afiliados e socios a restableceren a lingua nos nosos cemiterios.Se así o fixesen estarían a ser congruentes co seu discurso. Sexamos didácticos, pois. Pero amais destas iniciativas individuais, hai outras que atinxen ás institucións públicas, que teñen o mandato legal de fomentaren o uso da lingua galega e removeren os atrancos para conseguirmos ese obxectivo.Velaí algunhas propostas: a) Substituír as lápidas de personaxes egrexios da nosa cultura redactadas en castelán -que habelas hainas-, por outras en galego; b) publicación de Bandos alusivos a este acto de reafirmación co gallo do Día de Defuntos; c) programar actos públicos de recoñecemento a cantos na vida fixeron que Galicia aínda sega a ter unha cultura e lingua de seu; e d) instar ás autoridades eclesiásticas e empresas mortuorias ao uso da lingua galega nos actos litúrxicos e prestación dos servizos fúnebres.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009