Á espera de Ramón Piñeiro

 

X.L. Méndez Ferrín

Logo de deixar claro para sempre o feito de que a editorial Galaxia non o foi todo na difusión da cultura galega nos anos cincuenta grazas a que o Día das Letras focou a figura de X.M. Álvarez Blázquez, a Academa Galega acordou que a próxima celebración terá como punto de interese, a vida e obra de Ramón Piñeiro. A partir de agora, os investigadores dos ramos, interesados pola personalidade de Ramón Piñeiro poñeránse a traballar duramente e a revista os preconceitos e as certezas que xiran arredor da persoa celebrada. Velaí a capacidade mobilizadora da autoridade da Academia: ela pon os deberes cada ano e moitas persoas (críticos, historiadores, profesores, editores, activistas culturais, xornalistas) reflexionan e difunden a figurar marcada con lapis vermello. Durante todo un ano se falase e se escribira se sobre Ramón Piñeiro, como se fixo sobre os autores anteriormente designados. Milleiros de persoas ouvirán falar del por primeira vez e outros expertos no tema, acharán novas interpretacións. Case ninguén con curiosidade sobre a historia contemporánea de Galicia vai sair do próximo ano da Letras Galegas coa idea sobre Ramón Piñeiro que tén neste momento, poden estar seguros. Quén foi Ramón Piñeiro? -Pregúntaranse algúns. E obterán respostas. O traballo ao que están chamados os estudosos e os interesados en xeral non é dos doados. A obra de Ramón Piñeiro é moi pequena e redúcese ao xénero esaístico. Haberá que ler de novo ese corpus e explicalo á luz do tempo en que vivimos. O Piñeiro que aspiraba a unha imposibel metafísica especificamente galegoportuguesa a partir da vivencia da soedade ontolóxica que el chamaba Saudade terá que ser analisado e divulgado para que os alumnos -digamos- o coloquen dentro da historia da filosofía tal como lla aprenden no Instituto. A Facultade de Filosofía e as revistas de pensamento poñamos A Trabe, terán que estar moi activas o ano que vén. E as Facultades de Filoloxía tamén, pois a teoría da linguaxe e a crítica literaria foron tocadas de xeito ben polémico por Piñeiro. Pro Ramón Piñeiro foi un escritor ao dez por cento e un activista político ao noventa por cento, máis ou menos. Se alguén non está dacordo comigo terá unha boa ocasión para explicarse perante o público adecuado. E a historia do galeguismo desde o final da guerra civil até o intre da Reforma política e da autonomía outorgada a Galicia poderá estudarse debidamente tendo como punto de partida as actividades clandestinas e legais de Ramón Piñeiro. Clamamos, xa moitos, porque a memoria histórica se exerza tamén sobre a Resistencia ao franquismo en todas as súas formas e sobre a repressión sobre ela. A figura de Ramón Piñeiro está implicada nesa Resistencia e padeceu esa represión e compre saber (primeiro) en que consistiu a pecularidade de Piñeiro como axente efectivo galeguista contra o franquismo. Logo, a figura de Piñeiro servirá de referencia para falar de outros e de outras: de todos os que, de Alexandro Bóveda a Moncho Reboiras, se enfrentaron á monstruosidade histórica con honor. Penso que a Academia certou, como certa sempre, ao nomear a Ramón Piñeiro como personaxe central do próximo Días das Letras Galegas.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya