EN DIRECTO

As digresións de Fino Lorenzo

 

Manuel Bragado

Acaba de inaugurarse na Casa das Artes "Fino Lorenzo. Digresións (2004-2008)", unha das exposicións máis interesantes das montadas na cidade ao longo deste último ano. Unha mostra potente, de clara intencionalidade transgresora, que abre un vieiro sorprendente na obra deste artista baionés de formación autodidacta e afouteza desmedida para reinventarse en cada unha das súas etapas creativas. Pintor de raigame figurativa durante o inicio da década dos noventa (os seus óleos de grande formato decoran algúns dos locais vigueses máis emblemáticos), acuarelista heterodoxo de técnica depurada (nestes mesmos días expón, tamén, o seu traballo máis recente na galería de Andrés Amor), recoñecido ilustrador de libros infantís (pioneiro na utilización da técnica da colaxe e da composición fragmentaria), Fino Lorenzo, tras catro anos de duro traballo no seu estudio de Borreiros, dá un paso decisivo na súa aposta pola abstracción como camiño na procura da esencia do equilibrio.
En sesenta obras, empregando soportes e técnicas moi diversas (dende construcións escultóricas, realizadas con materiais pobres, pasando por esculturas en caixas e colaxes, ata teas de grande formato), Fino presenta a exposición máis ambiciosa e completa de todas as que ten realizado. E faino propoñendo ao espectador un xogo sorprendente polas traxectorias que dispón o azar e pola procura da complexidade agachada nas estruturas máis sinxelas. Nunha aposta valente por un novo grafismo escultural, o artista rescata a beleza da xeometría na sutura improvisada destes elementos de desfeita e do cromatismo das capas e das texturas dos seus óleos.
Con esta intención, nun grande mesado, situado no centroda planta baixa da Casa das Artes, Fino dispuxo as pezas escultóricas -caligrafadas con elementos moi fráxiles (anaquiños de caixas de cartón, fíos metálicos e de nailón, gomas, varas de madeira, lapis, tubiños plásticos, redes, espirais de cadernos, cables, papeis transparentes...)- coa intención de explorar os equilibrios case imposibles de volumes planos e as densidades dos espazos creados por estas liñas rescatadas do cotián. As variacións de orientación dos elementos e un coidado traballo coa escala e cos tamaños amosan nestas esculturas, nas que se xoga cos límites imprecisos do efémero, a aspiración do artista por atopar a construción básica como ADN que expresa o permanente conflito entre a tensión e a frouxidade, entre o equilibrio e a rotura.
Como outra volta de torca a este traballo de volumes en liña, o artista ofrece unha segunda serie de pezas escultóricas presentadas en caixas e intercaladas entre os óleos. Agora, nestas esculturas -aparentemente planas, mais absolutamente novidosas- os límites do marco e a presenza dalgúns fondos de cor axudan a densificar os volumes e a crear novas profundidades e equilibrios en aparencia máis estables. Aquí, nestes haicús visuais mínimos encadrados, Fino remite en pezas memorables, como as tituladas "Caligrafía" (homenaxe ao xenial calígrafo galego-cubano Lázaro Enríquez) ou "Os amores do calígrafo e trapecista", á poética da fraxilidade e ás posibilidades de crear harmonía no seu xogo con materiais reciclados.
No entanto, a síntese desta proposta, atópaa Fino na terceira serie das súas pezas, as colaxes sobre papel vexetal e os óleos, técnica que recupera despois de abandonala hai bastantes anos. Como variante do traballo volumétrico anterior, nestas teas o tránsito ao plano concíbese como espazo para abordar a profundidade proporcionada por texturas, moi traballadas en capas, que se superpoñen en cadencias de improvisación, remitindo a un virtuosismo jazzístico do que tanto gusta o pintor miñorano. Nesta serie, na que hai unha profunda pegada musical (Schönberg, Freddie Freeloader, Dexter Gordon, Monk son algúns dos músicos homenaxeados), o xogo co azar e co mcguffin matízase coa utilización da regra dunha paleta cromática bastante austera. Esta fórmula permítelle a Lorenzo continuar explorando sobre o soporte plano o ámbito da digresión, ou desvío de puntos móbiles respecto a un eixo ou puntos fixos, eixo temático de toda esta concienzuda e transversal proposta expositiva.
Como sinala o editor Francisco Villegas, autor do fermoso texto introdutorio do catálogo, nestas digresións de Fino Lorenzo, sexan baixo a forma de esculturas ou pinturas, "a liña transfórmase en plano e o espazo-historia na base sobre a que se constrúe de novo a liña", pechándose así o círculo do azar e da improvisación. Paga a pena visitar esta proposta tan novidosa (está aberta ata o 13 de xullo). É, ademais, unha magnífica oportunidade para coñecer e gozar da obra dun dos nosos artistas máis interesantes e con maiores posibilidades de proxección internacional.
bretemas@gmail.com

 

Galicia

De la saga del autobús al de la pesca global

De la saga del autobús al de la pesca global

El fallecido en San Andrés de Comesaña fue gerente de Pescafina, después absorbida por Pescanova

Comuneros: "Los incendiarios sabían dónde había que plantar para causar el mayor daño"

Comuneros: "Los incendiarios sabían dónde había que plantar para causar el mayor daño"

Las comunidades de montes también achacan los múltiples focos al poder incendiario del eucalipto...

O Galiñeiro se viste de luto

O Galiñeiro se viste de luto

El fuego deja sin un solo metro cuadrado verde dos parroquias de Gondomar, otras dos de Baiona y...

El batallón que salvó la Fundación Sales

El batallón que salvó la Fundación Sales

Abre sus puertas sin entrada esta semana para "agradecer" a los que la libraron del fuego

La Xunta sostiene que fueron intencionados "el 100%" de incendios, que dañaron 23 viviendas

La Xunta sostiene que fueron intencionados "el 100%" de incendios, que dañaron 23 viviendas

"Galicia arde porque le prenden fuego, da igual que el monte esté ordenado", asegura Vázquez -La...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine