X.L. Méndez Ferrín

 

X.L. Méndez Ferrín

Agora acredito en que a peza máis importante do surrealismo literario que chegou á miña vida é o poema "La balada del puerto de Os", da autoría de Urbano Lugrís. Atlántista e entrefrebado de reminiscencias galegas e célticas, o texto de Os ambicioso e potente, encóntranse conmigo cando eu teño dezasete ou menos anos. Estou vendo a revista, Atlántida da Coruña, todo un festival para a vista. Estaba sobre a mesa de publicacións periódicas á entrada da Biblioteca Pública de Pontevedra, ano 1954. Nese ou noutro número da Atlántida o mesmo Lugrís escría sobre Jules Verne e aparecían deseños do Vinte mil leguas que me entusiasmaba tanto por aquel tempo. Lin o poema de Os e sentinme mergullar nun líquido descoñecido que me perturbou os sentidos. Eu non o sabía, daquela, pero estaba entrando nunha dimensión literaria e visual da que só tiña unha vaga noticia: os decorados da película que se difundía daquela como Recuerda (Hitchkok) nos que figuraban decorados de Salvador Dalí. E unha palabra que aínda non tiña sentido para min e que cantaba extrañamente como "Surrealismo". Por cima, aquel surrealismo se mesturaba cun fondo mítico nacionalista galego no que eu estaba a penetrar por outros lugares, por moito que o poema estivese escrito en castelán. Para rematar: impresionoume o verso clasicista, medido, de empaque e factura elegante no que se envolvía unha voz finxida e fría. Pasaron os anos, moitos anos, e a cidade de Os viña ao meu recordo sempre, e, sen reler xamais o poema, este aparecía moitas veces de xeito inesperado na páxinas do meus contos, dalgunha das miñas novelas. No Grímpola de Vigo, no América de Compostela, os murais de Lugrís vistos e revistos un milleiro de veces obrigabanme a repetir para min a palabra Os. Hoxe volvín ler o poema nun libro precioso que acaba de sacar a editorial Alvarellos: Urbano Lugrís, Balada de los mares del Norte, edición a cargo de Olivia Rodríguez, á que gostamos chamar Olivia Tudela, que ademáis acompaña un prefacio sumamente fino e intelixente. A lectura desta recopilación exhaustiva dos escritos literarios do pintor Lugrís produciume o efecto dunha carga de profundidade coma as de Tiburones de acero, que é como se distribuiu en España unha película inesquencíbel de submarinos por Tyrone Power. Envíanos Olivia un libro marabilloso coma un título de William Saroyan. Coma un coitelo, coma unha flor, como absolutamente nada no mundo. Logo veu Margarita Ledo e mellorou a secuencia: parolar cun eu, cun intre, cun insecto. No corazón deste libro belísimo e saudoso figura, como peza principal, a balada de Os. Non se trata, non, da vila real de Os que hai en Noruega, nin da vila de Is que esta cecais asolagaba en algures. Non, esta non é unha cidade solagada, nin Antioquia nin Valverde. É unha cidade maldita, morte ou cuase morta. Moncha Fuentes asegúrame agora que a de Lugrís en realidade é o destacamento militar de Orsenna que aparece, para nosa confusión alucinada, na novela tamén surrealista ou así A ribeira das Syrthes de Julien Cracq, quen acaba de morrer aí a trás.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya