Viño con denominación galega

 

Xosé González Martínez

Celébranse en Galicia con moita frecuencia actos de diversa natureza arredor do viño. É lóxico, porque o 11% do produto interior bruto galego procede do sector vinícola. Uns están dedicados á promoción das distintas denominacións de orixe; outros están pensados para modernizar a súa elaboración ou comercialización. Pero de entre todos eles hai un que ten unha significación especial, porque é un acto de exaltación daquelas adegas que utilización a lingua galega na etiquetaxe. Estamos a falar dos premios "Bacelos de Prata", que anualmente concede a Asociación Álvaro das Casas a aquelas adegas que identifican os seus viños co noso sinal de identidade máis nídio.
Nesta nova convocatoria, un xurado cualificado formado por personalidades relevantes vén de premiar ás adegas Martín Códax e Algueira. As dúas, de cadansúa denominación de orixe,Rías Baixas e Ribeira Sacra, e de distinta produción e antigüidade. Martín Códax foi en creada en 1986 por iniciativa dun grupo de viticultores, e Algueira, por Fernando González Riveiro. Produtoras de viños distintos, pero unidas por unha lingua común que os identificado nos mercados. Pola súa excelente calidade e prestixio estas dúas marcas gozan da admiración dos consumidores de aquén alén das nosas fronteiras. As fermosas lendas que locen as súas etiquetas, dando conta das castes das uvas e do proceso de elaboración, están redatadas nunha das linguas que ten a humanidade: a galega.
É importante recoñecer a aposta que fixeron as adúas adegas pola lingua galega nun mercado plurilingüe, vencendo o vellos prexuízos fomentado por aqueles que consideran que a nosa lingua non é apta para a comercialización dos viños. Co seu exemplo fixeron posible que ese discurso, falaz e inconsistente, vaia perdendo forza, e que cada vez sexan máis os adegueiros que prefiren identificarse coa lingua galega nos mercados globalizados, a carón dos viños, dos whiskys, champáns, vodkas...etiquetados nos respectivos idiomas de procedencia. Abonda con botar unha ollada ás vitrinas dos supermercados, restaurantes ou bares, para comprobarmos que as botellas falan en distintos idiomas.
Poñerlle obxeccións á etiquetaxe dos nosos viños en lingua galega, non deixa de ser unha argallada. Os que as manifestan,sen embargo, consumen produtos de perfumería e cosmética, que están etiquetados practicamente en francés ou inglés; linguas que descoñecen, pero que non parece importalles á hora de optaren por esa gama de preparados para a hixiene corporal.
O discurso da normalización lingüística no sector vinícola vai gañando espazos e intensidade. O 34% da produción xa se etiqueta en galego. O respaldo prestado polo Parlamento de Galicia a esta campaña iniciada pola Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística e Foro E. Peinador, co apoio da Consellería de Medio Rural e Secretaría Xeral de Política Lingüística, van facer posible que a colleita do 2008 sexa máis galega. Estamos en condicións de afirmar que á volta de dous anos, é dicir, para o 2010, o 50% dos adegueiros estiquetarán os seus envases en lingua galega. E o mundo coñeceranos máis a través dos consumidores de distintas culturas, como un pobo con personalidade propia, que amais de ofrecer viños de calidade, exprésase na lingua de seu.
Para acadarmos esta progresión artimética é necesaria, imprescindible, a colaboración dos consumidores galegos. Defender o noso é preferir o que fale na nosa lingua, sabendo ademais que os viños galegos etiquetados noso idioma son excelentes. Velai a responsabilidade de todos nós.
O próximo día 3 de maio celebraremos no pazo dos Ulloa, en Esposende, Ribadavia, o acto de exaltación dos viños etiquetados en galego. Participen connosco nesta festa. Agardámolos.

 

Galicia

Solo el 32% de los escolares gallegos sabe resolver en equipo problemas difíciles

Solo el 32% de los escolares gallegos sabe resolver en equipo problemas difíciles

-Galicia obtiene 494 puntos de media, a un nivel similar al de Francia, China o Portugal -Las...

Tráfico impone el 50% de servicios mínimos a los examinadores y acelera los nuevos contratos

Tráfico impone el 50% de servicios mínimos a los examinadores y acelera los nuevos contratos

La DGT reprocha a los funcionarios su "nula" voluntad de negociar y les advierte de que su última...

El pacto de país contra el fuego se aleja

El pacto de país contra el fuego se aleja

El PP rechaza medidas antiincendios porque "coinciden" con las de la Xunta y emplaza a debatirlas...

Formoso y otros siete aspirantes pugnarán por el liderazgo del PSOE coruñés

Formoso y otros siete aspirantes pugnarán por el liderazgo del PSOE coruñés

El presidente de la Diputación de A Coruña competirá por la dirección provincial

La selectividad de septiembre pasará a julio desde 2019

La selectividad de septiembre pasará a julio desde 2019

Galicia adopta la misma medida que ya pusieron en marcha comunidades como Asturias o Madrid

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine