Máis Cidadanía

 

MANUEL BRAGADO

A redución do horario dalgunhas materias do novo bacharelato, que se implantará a partir do vindeiro curso, é un tema que merece non pasar desapercibido. A incorporación dunha nova materia obrigatoria en primeiro curso de tres horas semanais, "Ciencias para o Mundo Contemporáneo" (moi atractiva e interesante), obriga a refacer o horario lectivo do bacharelato (trinta e dúas horas), sendo as materias obrigatorias de "Filosofía e Cidadanía", "Historia de España" e "Educación Física" as sacrificadas polos responsables da Consellaría de Educación para que cada unha delas ceda unha das súas horas semanais.
Máis alá da pertinencia da proposta, que xa adiantamos parécenos un lamentable paso atrás, é preocupante o enorme retraso co que a Consellaría desvelou os contidos deste decreto que regula a ordenación e o currículum do Bacharelato en Galicia, sendo a nosa unha das últimas comunidades autónomas en facelo. Un retraso que dificulta un debate sereno e amplo sobre tan importante proposta, ao tempo que impide contar con tempo abondo tanto para que os editores educativos e os seus equipos de profesorado preparen materiais curriculares coas garantías e adecuación precisas como para que as propias autoridades educativas artellen os mecanismos de formación e actualización metodolóxica requiridos pola proposta.
Indo ao fondo da proposta, parécenos inadmisible a solución adoptada, máis aínda cando continúa contemplando a existencia de dúas horas da materia de "Relixión" (confesional), agora distribuída nunha hora semanal en cada un dos dous cursos da etapa; unha materia que, aínda que sería desexable quedase de vez fóra do currículum escolar, ben se podería ubicar para aquel alumnado que optase a cursala nun horario extraescolar. Por desgraza esta non foi a solución adoptada e a continuídade da relixión confesional nos institutos obriga a reducir o tempo dedicado á educación física e as dúas materias de formación humanística fulcrais para todo o alumnado desta etapa, a "Filosofía" e a "Historia". Sendo moito máis claros, os responsables da Consellaría de Educación (responsabilidade do PSdeG-PSOE), conceden no novo Bacharelato máis tempo ao estudo da relixión cá actividade física e ao deporte, igualando o tempo dedicado na etapa ao estudo da relixión confesional ao da "Filosofía e Cidadanía" (nova materia que substitúe á denominada, ata agora, "Filosofía I", á que se incorporan contidos da imprescindible "Educación para a Cidadanía").
Como sinalan certeiramente os membros da asociación "Sine Nómine", formada por profesorado de filosofía do ensino universitario e secundario, "non é admisible de ningunha forma que nunha ensinanza pública e financiada polo estado a anomalía que supón a presenza forzada no currículum dunha materia de relixión confesional condicione e obstaculice a planificación racional do tempo lectivo e, xa que logo, a consecución dos obxectivos establecidos no conxunto dos currículos das materias obrigatorias". A presenza por vez primeira na nosa historia educativa da materia de "Relixión" en segundo de bacharelato (o actual curso preuniversitario) conlevará que o alumnado e o profesorado galego conten con só dúas horas para abordar de forma didáctica viable un voluminoso currículum de "Historia de España" (que se inicia en Atapuerca e finaliza no estudo da sociedade española do século XXI), ao que se deben engadir os contados de Historia de Galicia. Outrosí sucede coa "Filosofía e Cidadanía" de 1º, unha materia concibida como unha introdución á filosofía e ao estilo de reflexión que esta comporta, coa que se pretende, ademais, afondar na dimensión ética do concepto de cidadanía e na necesidade de clarificar as súas bases e proxeccións filosóficas.
Esta proposta, precipitada e pouco reflexionada por parte das autoridades educativas galegas, minusvalora o carácter humanístico que debe impregnar inequivocamente a formación do alumnado de bacharelato. Mais o que nos parece máis preocupante, é que con este horario raquítico para as humanidades estase enviando, como sinalan os membros de Sine Nómine, "unha mensaxe inequívoca de minusvaloración da perspectiva reflexiva e crítica na apropiación do coñecemento e os valores civís, dirixida ao resto das materias e, en particular, ás que son responsables a través do coñecemento da historia recente e mais do programa de educación para a cidadanía". Se realmente pretendemos formar unha cidadanía informada, autónoma e democrática, precisamos un bacharelato con máis educación física e deporte, máis historia, máis filosofía, en definitiva, máis cidadanía. As autoridades educativas deberían telo presente.
bretemas@gmail.com

 

Galicia

Solo el 32% de los escolares gallegos sabe resolver en equipo problemas difíciles

Solo el 32% de los escolares gallegos sabe resolver en equipo problemas difíciles

-Galicia obtiene 494 puntos de media, a un nivel similar al de Francia, China o Portugal -Las...

Tráfico impone el 50% de servicios mínimos a los examinadores y acelera los nuevos contratos

Tráfico impone el 50% de servicios mínimos a los examinadores y acelera los nuevos contratos

La DGT reprocha a los funcionarios su "nula" voluntad de negociar y les advierte de que su última...

El pacto de país contra el fuego se aleja

El pacto de país contra el fuego se aleja

El PP rechaza medidas antiincendios porque "coinciden" con las de la Xunta y emplaza a debatirlas...

Formoso y otros siete aspirantes pugnarán por el liderazgo del PSOE coruñés

Formoso y otros siete aspirantes pugnarán por el liderazgo del PSOE coruñés

El presidente de la Diputación de A Coruña competirá por la dirección provincial

La selectividad de septiembre pasará a julio desde 2019

La selectividad de septiembre pasará a julio desde 2019

Galicia adopta la misma medida que ya pusieron en marcha comunidades como Asturias o Madrid

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine