Galicia racista

 

X.L. Méndez Ferrín

O espazo cultural e esportivo de Valença do Minho foi invadido recentemente de letreiros que asina Resistencia Ariana: cruces gamadas, triskeis de Álvaro das Casas, círculos coa cruz que fixera famoso o fascismo europeísta de Occident. Todo fala dunha supervivencia galega do vello nacionalsocialismo de CEDADE.
Se a simboloxía é profusa e redundante, os textos son probes e están escritos (coma no caso de CEDADE) na ortografía "reintegracionista" que discurrira un día Carvalho Calero. Din: "Gallaecia naçóm ariana" e cousas do xénero. A resposta non tardou. Nun recente paseo pola zona vin as pintadas cruzadas e unha expresión contradictoria: "Abaixo os fascistas". Tamén polas rúas de Celanova se fai notar esta Resistencia Ariana galaico-duriense.
En realidad R.A. é un grupo que imita o norteamericano Arian Resistence cuxos loucura e baixos instintos poden ser examinados polos cursidosos en internet. Baséanse na supremacia dunha inexistencia "raza aria", concepto no que se basaba unha parte da ideoloxía alemá do nacionalsocialismo (a parte fundamental era o anticomunismo). A noción de aria (en portugués "ariana") non ten outra explicación que unha ben feble: nalgunhas linguas indoeuropeas asiáticas arya significaba "xefe" membro da comunidade dominadora, de onde Irán e iraniano ou iraní (arabizado). Tal termo arya foi descoñecido polas linguas de Europa incluída as dos vellos xermanos e a dos habitantes da antigua Gallaecia e da antigua Lusitania.
En realidade toda esta chafallada ideolóxica só ten o fin, entre nós, de lle dar cobertura a unha mobilización fascista e racista contra os xitanos, os norteafricanos, os hispanoamericanos, os pretos en xeral os emigrantes que veñen vivir entre nosoutros. A min estes "arios galaicos" fanme acordante daquel debuxo de Castelao que representaba un indixente con esta lexenda por baixo: "O home que mercou un can para ter en quen mandar".
Se vostedes visitaren en You Tube o video de Resistencia Ariana-Galicia (Galiza, xa se sabe, é máis radikal ca Galicia) verán imaxes do grupo queimando ao estilo KKK, suxeitos coas caras cubertas con felos que representan caliveras ("Abajo la inteligencia, viva la Muerte": Millán Astray, na Coruña sempre en efixie) e un conxunto de encarapuchados que lle plantan lume (ou fogo, tanto ten) a unha bandeira galega coa estrela vermella de cinco puntas. O ideólogo actóctono que estes continuadores de CEDADE veneran como seu precursor é Vicente Risco e escriben moi pouco. Os contidos de R.A. reducense a isto: "Galicia e N. de Portugal unidos contra as razas inferiores que nos invaden".
II
En moitos lugares de Galicia prodúcense manifestacións racistas de importancia contra a presencia de cidadáns (agora dígoo eu) da minoría xitana que leva connosco desde o século XIV (ou desde antes). En Vilaboa os muros aparecen pintados con slogans contra os marroquinos que escolleron ese concello e a freguesía de Paredes para vivir, mandar aló os nenos á escola e pagar os impostos e rendas de aluguer. O concello (maioría de "progreso") de Vilaboa xa lles proibiu aos veciños de orixe magrebí abrir no termo municipal unha mesquita.
III
Estamos á espera dun movemento galego contra o racismo e a xenofobia.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya