Celebramos hoxe, este día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que está en consonancia coas Convencións sobre os Dereitos do Neno e os Dereitos das Persoas con Discapacidade, en virtude das cales os nenos con Discapacidade deberan gozar dunha vida plena e digna, en participación activa na comunidade, así como o seu goce pleno de tódolos dereitos humanos e liberdades fundamentais en igualdade de condicións cos demais nenos.

O dereito á asistencia médica, que garanta o mellor estado de saúde posible, tendo en conta os coñecementos científicos actuais, implica os dereitos ó recoñecemento precoz, a unha diagnose correcta, a uns exames médicos completos, a unha asistencia adaptada, á avaliación continua e individualizada, á información... que forman parte dos dereitos fundamentais de tódalas persoas con Autismo.

Conscientes de que o Autismo é unha discapacidade permanente, que se manifesta nos tres primeiros anos de idade, derivada dun trastorno neurolóxico que afecta ó funcionamento do cerebro, os nenos de moitos países, con independencia do seu sexo, raza ou condición socio económica, e que se caracteriza por deficiencias na interacción social, problemas da comunicación verbal e non verbal e patróns de comportamento, intereses e actividades restrinxidas e repetitivas, as Nacións Unidas proclaman profundamente a súa preocupación pola elevada incidencia do Autismo nos nenos de tódalas rexións do mundo e polos conseguintes problemas de desenvolvemento que afectan os programas a longo prazo de saúde, educación, capacitación e intervención emprendidos polos gobernos, as organizacións non gobernamentais e o sector privado, así como polas súas terribles consecuencias nos nenos, as súas familias, as comunidades e a sociedade.

O Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, terá seguimento tódolos anos a partir de 2008, e invótase a tódolos Estados Membros, sociedade civil e ONGs, a súa observancia familiar e social, con miras a aumentar a conciencia publica sobre o "trastorno autista".

A incidencia do Autismo, que aumentou os derradeiros anos en todo o mundo, supón unha gran preocupación sobre este trastorno. Seis de cada mil menores de 10 anos teñen afectadas as súas capacidades de comunicación, relación e imaxinación, sen que, polo momento, se coñezan as súas causas.

En Galicia cunha poboación de 224.292 nenos menores de 10 anos, poderiamos falar de aproximadamente 1.345 casos de nenos afectados do que actualmente se denomina Trastornos do Espectro Autista.

En Galicia, cunha poboación de: 2.772.533 habitantes e, aplicando unha incidencia de 1 caso de Autismo por cada 1.000 individuos, o número de persoas afectadas por este trastorno acadaría aproximadamente un total de 2.772 persoas afectadas, cifra que podería verse aumentada por estudos epidemiolóxicos realizados nalgúns países que chegan a falar dun caso de Autismo por cada 500 individuos.

*Presidente Autismo Galicia