Demostrado está que é Vigo unha cidade cunhas características socio económicas do máis salientábel, cunha puxanza industrial nos seus diferentes sectores productivos que está en alza. Ésta deberíase de refrexar no medre demográfico, no aumento da calidade de vida, nos investimentos públicos, na mellora das infraestructuras e comunicacións, nas estratexias políticas e empresariais, nas reivindicacións viciñais, etc.

O medre desta foi a gran velocidade e sin un ordenamento racional tanto no ámbito urbán coma no portuario, daí que teña unha serie de carestías de importancia relevante en pleno século XXI. Atrancos e paralizacións aos que nos sumeteu e sumete o poder político estatal, dun xeito consciente, en detrimento e beneficio doutros lugares por todos e todas coñecidos e despreocupación das institucións públicas. Houbo e hai intentos varios por parte dos diferentes axentes sociais e políticos empero, preocúpame que algunhas das ideas vertidas estes días para o desenrolo futuro estean feitas coma antaño; sen estudos rigorosos e serios nos que sexa complementar a potenciación do tecido industrial co benestar social, e o medio ambiente.

Fálase da ampliación do porto no chamado recheo de Bouzas, para ter maior liña de atraque, terminal de carga de contenedores, e a implantación dunha depuradora. Ben, preséntannos, atraveso dos medios de comunicación, unha vez máis, unha esperpéntica idea na que coma carambelo nos queren facer unha praia artificial, idea xa vella cuia intención era a de prolongalo recheo de Bouzas até onde hoxe é o Museo do Mar lapidando as praias existentes. Hai anos foise recheando toda a fronte costeira do casco urbán sepultando areeiros; por exemplo, onde está o edificio de Casa Mar, e hai pouco o governo do Estado cobrounos á cidade de Vigo por uns terreos os que con anterioridade foron usurpados a esta cidade. Hoxe a Autoridade Portuaria e o Concello de Vigo querenos facer tontos a viguesas e vigueses unha vez máis.

Os técnicos saben que as correntes mariñas entran polo sul dirección oeste-este, tópanse co peirao do Museu do Mar e o recheo de Bouzas e na ensenada artificial das praias de Cocho, Sta. Baia e Carril, a ampliación do peirao produce o basculamento dos areeiros de este a oeste, polo tanto, a area verquida artificialmente na "praia do futuro" tería que ser reposta de pouco en pouco, sendo afectadas as praias naturais; ademais, de pechar esta ensenada á renovación das augas. Penso que o motivo desta é o de facer pantalla perante a nova depuradora (outro recheo máis). E nun futuro no que as actuais praias estean totalmente deterioradas ter unha bolsa de recheo xa que pode ser precisa e, pensar en novas ideas ten o seu custe económico.

Deterioradas ademais porque aínda non se solucionou o problema dos verquidos neste lugar, non foi alongado o emisario submarino para levar éstes fora, onde o movemento das augas sexa maior. Amais, desconfío da paralización unha vez máis do chamado paseo marítimo, arguindo falla de previsión arqueolóxica cando no treito proxectado fixéranse as catas.

Sempre queda un hálito de esperanza e coido e espero que coa nova coxuntura política do país e a nova presidencia da Autoridade Portuaria se faga extensivo o labor empresarial ao tempo de que entren novos ares coa sensibilidade suficiente para non degradar zonas as que se están a recuperar e de alto valor para a cidade e para as zonas de Bouzas e Alcabre.

Miguel Anxo Rúas Comesaña - Vigo