A parálise en Ponteareas é total. A falla de entendemento entre os grupos políticos con representación municipal está xenerando alarma social entre os cidadáns, xa que periga a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento de vital importancia para o desenrolo do noso Concello.

De non aprobarse en breve, Ponteareas sufriría un letargo do cal tardaría anos en espertar.

Tódolos partidos políticos se dedican a dar charlas polas parroquias e publican na prensa temas sobre o PXOM, pero ningún di que modelo de urbanismo quere para Ponteareas. Falan de reformar, o cal da a entender que están de acordo co documento existente.

O documento inicial ten grandes erros como pode ser o deslinde do territorio municipal. O deslinde das parroquias non contempla saneamento, non contempla depuradora, o único que contempla é prexuízo para a maioría dos cidadáns. Ningún grupo político está pola redacción dun novo documento.

O único que están facendo é intentar confundir ós cidadáns e así poder obter rendemento político cara ás próximas eleccións municipais.

Ponteareas non necesita "salvadores" políticos. Ponteareas necesita políticos comprometidos co seu pobo, políticos que poñan Ponteareas por riba dos intereses partidistas.

Si durante o mandado do señor Castro, Ponteareas sufriu atraso e endebedou ó Concello, na actualidade o atraso é moito máis notorio e a débeda é moito maior. Polo tanto non avanzamos nada, máis ben retrocedemos.

É ben certo que o tempo pon a cada quen no seu sitio.

Lamentablemente, un partido político que presume de estar máis cerca dos cidadáns e de ser independente, non considera entre cinco urxencias para Ponteareas a construción dun parque industrial, nin sequera nas cinco menos urxentes (El Condado decembro 2006).

Con estas ideas Ponteareas nunca será unha cidade con empuxe nin importante en Galicia. Un pobo non é importante por construír moitas vivendas. Existen outros factores que fan que un pobo sexa importante.

Eu comentaba fai algún tempo neste mesmo espacio que o PXOM era o documento máis importante dun pobo, o cal non é doado sacar adiante se non existe vontade política e un consenso entre os grupos con representación municipal.

Por un Plan Xeral de Ordenación Municipal serio e responsable, pido consenso entre os grupos políticos.

Tomás Rivero Rodríguez - Ponteareas