O ministro responsable da Pesca en Reino Unido, Michael Gove, admitiu que está "decepcionado" polo período de transición fixado ata 2021 coa Unión Europea, que lle vai permitir á frota seguir faenando sen problemas no seu caladoiro de referencia, Gran Sol.

O político, un dos máis firmes defensores do Brexit, dixo "compartir" a frustración das comunidades pesqueiras do país, moi molestas pola noticia e pola inexistencia das promesas de Gove, que asegurou en campaña que Reino Unido recuperaría as suas augas. Nese senso, apurou a non perder de vista este "premio" e sinalou que o período de transición "é un paso necesario" . "En decembro de 2020 estaremos negociando oportunidades de pesca como un terceiro país, un estado costeiro independente que decide quen pode acceder as nosas augas e en qué condicións por vez primeira en máis de 40 anos", apuntou.