Un barco petroleiro que transporta 38.000 toneladas de hidrocarburos e un cargueiro chocaron na madrugada do venres para o sábado no estrecho de Pas-de-Calais, entre Francia e Reino Unido, segundo informaron onte as autoridades. Dende Londres, unha portavoz da Axencia Marítima de Gardacostas (MCA, nas siglas en inglés) confirmou onte que non houbo nin feridos nin de fugas contaminantes e que o único dano foi material.

As dúas embarcacións, con bandeira de Hong Kong, chocaron ás 3.00 hora local (1.00 GMT) a uns 33 kilómetros da cidade costeira francesa de Dunkerque, xa nas augas británicas.

O petroleiro, chamado Seafrontier, ten 183 metros de lonxitude e leva 27 persoas a bordo, mentres que o cargueiro Huayan Endeavour, de 224 metros de eslora, leva 22 tripulantes e non transportaba carga algunha.