| O goberno de Vigo entregará 600 exemplares de sete títulos da autora homenaxeada no Día das Letras nos colexios da cidade e as bibliotecas Neira Vilas e Juan Compañel. Nun "acto simbólico" con escolares do CEIP Canicouva, Abel Caballero agradeceu a Galaxia e ao seu director, Francisco Castro, por estar "sempre abrindo camiño á literatura galega e en galego".