A Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC) que presido quere lembrar a un adalid do movemento asociativo veciñal como foi Pucho Bastos. Está entre os primeiros presidentes que desenvolveron a Federación Veciñal de Vigo na década dos 90, periodo no que tivo lugar unha importante reivindicación cidadá.

Pucho Bastos apostou claramente pola unidade veciñal e impulsou a Federación como órgano de unidade, de fortaleza e de interlocución cidadá en momentos históricos nesta cidade, onde había numerosas carencias en servizos tales como vivenda, locais veciñais, centros educativos, atencións básicas, etc.

Foi presidente da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Monte da Mina de Castrelos dende 1988 estando ao fronte da mesma durante doce anos. Foi o encargado de impulsar a construcción do local veciñal con instalacións para a realización de actividades socioculturais e local de reunión e relación veciñal para a reivindicación social e desenvolvemento da participación cidadá.

Queremos honrar e amosar o noso respeto e consideración a unha persoa destacada entre as pioneiras da organización veciñal de Vigo.

D.E.P. "Pucho"

*Presidenta da FAVEC

| José Antonio "Pucho" Bastos Rodríguez faleceu o venres en Vigo aos 70 anos e onte foi incinerado tras un acto civil no tanatorio de Pereiró.