A Mesa pola Normalización Lingüística dirixirase aos grupos da corporación municipal viguesa para reclamarlles que modifiquen o regulamento do pleno, e que o galego, ademais de ser a lingua oficial deste órgano, sexa tamén a lingua de uso nos debates. Tras a modificación desta norma, aprobada solo co respaldo do PSOE, o galego segue sendo a lingua oficial do pleno de Vigo, pero o regulamento considera o uso indistinto de galego e castelán nos debates.