La Oficina de Dereitos Sociais de Coia, la parroquia Cristo da Victoria y GAS han recogido ya alrededor de un millar de firmas para la Iniciativa Lexislativa Popular por la Renta Básica. Esta mañana se han situado en Coia en busca de nuevos apoyos para esta campaña que arrancó hace tres días.

Los interesados en colaborar pueden hacerlo en las oficinas de las entidades impulsoras todos los lunes entre las 17 y las 19 horas.

La campaña

  • Trátase, sobre todo, de informar á cidadanía sobre a alternativa real que supón a Renda Básica coma instrumento transformador de loita contra a pobreza e de xustiza social, pero tamén, coma moitas outras veces, de saír á rúa para denunciar publicamente a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.As cifras son so cifras, e pouco poden dicir dos auténticos dramas persoais que agachan detrás, pero non menten. Medra día a día o número de persoas e familias que viven (ou malviven) por baixo do limiar da pobreza (máis do 20% da poboación estatal, segundo a Enquisa de Condicións de Vida realizada en 2013 polo Instituto Nacional de Estatística). Pero do mesmo xeito medra sen descanso o número de ricos: 1625 persoas cun patrimonio superior aos 23 millóns de euros, o que supón un 7% máis que o ano anterior. A riqueza común, en fin, acumulada nas mans dun poucos, mentres unha crecente porcentaxe da poboación carece do máis elemental.Fronte a estas cifras que falan con claridade da inxustiza social, as solucións existen e veñen da man da cidadanía que se organiza e busca alternativas para unha vida digna.Deste esforzo colectivo e do convencemento de que é imprescindible comezar por un real reparto da renda e da riqueza, nace a campaña de recollida de sinaturas da INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR POR UNHA RENDA BÁSICA ESTATAL.Concibimos a Renda Básica como un instrumento de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda, que pode dar seguridade económica á poboación; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais. A Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres, senón un dereito inherente á condición de persoas, un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade.A ILP pola Renda Básica pretende ser unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. "Non hai pan para tanto chourizo" berrouse con carraxe nas prazas. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.Por todo o exposto, presentamos esta ILP que establece o dereito á Renda Básica, é dicir, o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas; un dereito individual, universal e incondicional, cunha contía equivalente ao limiar da pobreza (645,33 €/mes) e cunha aplicación gradual en dúas fases: de xeito inmediato trala aprobación da Lei para todas as persoas que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos, e tamén para aquelas cuxas rendas sexan inferiores á contía da Renda Básica; e nunha segunda fase, para o resto da cidadanía.Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA, XA!Vigo, 13 de xuño de 2014ODS-Coia - Parroquia Cristo da Victoria - Grupo Axitación Social