Unha incidencia acontecida este venres no cable subterráneo dun transformador eléctrico situado no barrio vigués de Coia afectou a un total de 4.034 clientes, segundo informan a Europa Press fontes de Gas Natural Fenosa.

A incidencia rexistrouse ás 12.06 horas e a subministración recuperouse "de xeito gradual entre 29 e 78 minutos" os clientes afectados do ámbito de Coia, Tomás Paredes, Manuel de Castro, Pardaíña e Martín Echegaray; indican as mesmas fontes.

Ata o lugar achegáronse efectivos dos bombeiros de Vigo, se ben non chegaron a actuar, facéndose cargo da situación os "técnicos de Fenosa", indicaron fontes deste corpo municipal.