Festividad

A descuberta do galego aos meniños nunha viaxe de imaxes e sons

A Festa dos Axóxeres congregou a máis de 600 persoas, onte na Praza do Rei

 07:49  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Os nenos quedaron encantados coas simpáticas figuras do espectáculo.
Os nenos quedaron encantados coas simpáticas figuras do espectáculo.  J. Lores

A. ABAD DE LARRIVA O branco e o negro, mistura e ausencia de cor, foron engadindo devagariño outros tons en liñas sinxelas de conxunción cromática musicadas. O chucuchú dun tren chamou a máis de 600 persoas, que converteron as dúas sesións especiais da Festa dos Axóuxeres, celebradas onte na Praza do Rei, nun “éxito”, en palabras da organización e á vista do público asistente.
A viaxe dun monicreque azul, Totó, na procura do seu amigo Pope, captou a atención dos meniños durante máis dunha hora, grazas ao acompañamento musical e as formas divertidas dos elementos do escenario. O acto, organizado pola Secretaría de Política Lingüística, desenvolveuse dentro dunha carpa habilititada para o mergullo absoluto das familias nun mundo de ilusión e agarimo polo galego. Os carriños dos cativos quedaron aparcados, á beira dos zapatos, fóra, para achegar unha comodidade de casa, sentados nunha lona branca mol e suave.
A figura do axóuxere foi central, xa que o carteiro que informaba a Totó de onde se agochaba Pope levaba un destes simpáticos xoguetes enriba. Así, despois dunha incríbel viaxe por catro elementos –terra, mar, aire e sol–, musicados por catro ritmos dinamizadores –rhythm and blues, soul, bluegrass e fussion–, o bater do contido dos axóuxeres que repartira o simpático emisario entre os nenos trouxo de volta a Pope. A aparición deste foi un auténtico éxito, xa que o boneco de 2 metros de alto, amarelo e cun bandullo branco, peludo e feitiño, encantou os rapaces.
A sinxeleza caracterizou este achegamento natural da lingua galega aos máis pequenos. As figuras eran doadamente recoñecíbeis: os vermes, os peixes, os marcianos e as bolboretas, e as cancións semellaban quedar penduradas no ouvido.

Descargas e sorteos

As pezas interpretadas no espectáculo pódense escoitar e descargarse en internet, así como outras informacións sobre o programa. Agora tamén é posíbel conseguir un lote de produtos de lecer nun sorteo no que se entra só con emitir unha opinión sobre o espectáculo. Faise todo isto na páxina web da festa, no seguinte enderezo: www.xunta.es/linguagalega/axouxeres.
Para os aínda non o coñezan ou os que queiran repetir, o evento trasládase a próxima fin de semana a Santiago de Compostela, tamén con dúas sesións especiais –ás 12.00 e ás 17.30 horas. Despois, en outubre, iniciarase un percorrido de dous meses por doce vilas galegas, para ofrecer unha versión do evento en espazos máis reducidos e próximos ao público.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009