- Os profesores das materias humanísticas lamentan a súa perda de importancia nos planos de estudio, únese a esta crítica?

- É necesario un exercicio de reflexión. Por un lado dicimos que son materias que teñen importancia pero, téñena realmente no mundo no que vivimos? Parece moi difícil que volvan ó peso doutros tempos. Son unha entusiasta da docencia da literatura latina e vale a pena entender a riqueza dese mundo a través dos textos en latín, pero non hai que volver atrás. Ten sentido un asignatura de latín para estudiar só as declinacións? En literatura española lense obras, pero nas clásicas parece que non hai esa necesidade.

- As filoloxías perden alumnos, teñen futuro?

- Eu daba lingua latina en Filoloxía galega e pasei de douscentos a doce alumnos. Si teñen futuro, pero hai que facer esa reflexión. En Santiago estamos reestruturando as titulacións e hai quen quere voltar ó modelo anterior de Filosofía e Linguas. Eu non desbotaría deseñar carreiras de plantexamentos básicos e deixar a especialización para os posgraos.